[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Sonda solar Parker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sonda Solar Parker
Insignia da misión
Insignia da misión
Datos da misión
Misión: Sonda Solar Parker
Lanzadeira: Delta IV Heavy
Lanzamento 12 de agosto de 2018, 07:31 UTC
Vehículo de lanzamento: Delta IV Heavy
Duración: Planeado até o 19 de xuño de 2025
Número de órbitas: Órbita heliocéntrica
Apoxeo: helio
Inclinación orbital: 3,4°
Masa: 685 kg[1]
Orientación da nave en diferentes posicións.
Orientación da nave en diferentes posicións.

A Sonda solar Parker é un vehículo da NASA lanzado en 2018 cun foguete Delta IV,[2] dentro do proxecto Parker Solar Probe, enviado para aproximarse en sucesivas órbitas, ata 24, á viciñanza do Sol.

Na súa décima pasada, o 21 de novembro de 2021, a sonda achegarase a uns 8,5 millóns de km do Sol, a unha velocidade de 165 km·s-1, despois dunha corrección de dirección ó paso pola viciñanza de Venus.[3]

O 6 de novembro de 2024 achegouse á mínima distancia a Venus[4] e espérase que o 24 de decembro de 2024 acade a máxima aproximación ó Sol, a unha distancia de 6,5 millóns de km e unha velocidade duns 690 000 km·h-1.

Composición da sonda

[editar | editar a fonte]

A sonda leva instrumentos para medir o vento solar. Por métodos indirectos (o plasma xerado a partir dos choques coa sonda), pode inferir a cantidade de po na viciñanza do Sol, que é maior da esperada. A máis dos instrumentos, ten unha pantalla que os protexe do Sol, e un sistema de orientación para reorientarse de xeito autónomo, algo necesario debido a que os impactos do vento solar poden facer xirar a nave en tan só 30 s a pouco que se desequilibre, o que entre outros efectos causaría a destrución do instrumental.[2] Asemade, hai períodos que non pode comunicarse coa Terra por mor de estar rodeado de potente radiación solar, equivalente a un forte berro fronte ó débil rumor que sería o sinal do aparello.

O proxecto, e polo tanto, a sonda, foi construída e é operada por APL (Aplied Physicis Laboratory, Laboratorio de Física Aplicada da NASA).

  1. Parker Solar Probe – Extreme Engineering. NASA.
  2. 2,0 2,1 Schirber, Michael (2021-12-14). "How to Survive Flying Too Close to the Sun". Physics (en inglés) 14. 
  3. Press, Europa (2021-11-15). "Space Dust Presents Opportunities, Challenges as Parker Solar Probe Speeds Back toward the Sun". NASA. Consultado o 2021-11-19. 
  4. Cavalcante, Daniele (2024-11-06). "Sonda Parker passa por Vênus nesta quarta antes de seguir rumo ao Sol". Canaltech (en portugués). Consultado o 2024-11-19. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.