[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Soccer City

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soccer City
Datos
Coordenadas26°14′05″S 27°58′57″L / -26.234806, 27.982378
LocalizaciónXohanesburgo, Suráfrica
Construción
Inauguración1989
Renovación2009
ArquitectoBoogertman & Partners
Custo$440 millóns
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade94.700
PropietarioStadia and Soccer Development Trust
OperadoraAssociação de Futebol da África do Sul
LocalíaSelección de Suráfrica
Webhttps://www.joburg.org.za/play_/Pages/Sports/FNB-StadiumSoccer-city.aspx
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O Soccer City, chamado por motivos publicitarios FNB Stadium (First National Bank), é un estadio de fútbol localizado en Xohanesburgo, Suráfrica, que foi sede de partidos da Copa Mundial de Fútbol de 2010, entre os cales estiveron o partido inaugural e a gran final entre os Países Baixos e España.[1]

Foi construído en 1987, e dispuña de 78.000 espectadores. Foi parcialmente demolido para o mundial de 2010, e a súa capacidade ampliada a 94.700 espectadores sentados, o que o converte no estadio máis grande de África. A maioría dos grandes acontecementos futbolísticos de Suráfrica desenvólvense no FNB, xa que se adapta mellor a estes eventos que o próximo Ellis Park, onde se disputou a final da Copa do Mundo de Rugby de 1995. Soweto e o Centro Nacional de Exposicións en Nasrec están nas súas proximidades. Unha vez remodelado, volveu ser sede de partidos internacionais da selección de fútbol de Suráfrica, disputando o primeiro deles contra Colombia, o 27 de maio de 2010.

No Soccer City xogouse a final da Copa Africana de Nacións 1996, na que Suráfrica quedou campioa. Tamén foi escenario do primeiro discurso multitudinario de Nelson Mandela, tras a súa liberación en 1990. En 1993 celebráronse no estadio os funerais por Chris Hani, o líder do Partido Comunista de Suráfrica. Foi tamén o escenario para o funeral de Nelson Mandela o 10 de decembro de 2013, cinco días despois do seu falecemento.

Copa do Mundo 2010

[editar | editar a fonte]

Soccer City albergará o 11 de xuño de 2010 o partido inaugural do campionato, entre a elección do país anfitrión e a selección de México, e despois catro da primeira rolda, un de oitavos de final, outro de cuartos de final e a gran final. O estadio someteuse a unha importante renovación para o torneo, cun novo deseño inspirado na cerámica tradicional africana. O nivel superior estenderase en todo o estadio para aumentar a capacidade a 94.700 espectadores, con 99 suites executivas. Inclúe a construción dunha cuberta elíptica, novas instalacións de vestiarios e nova iluminación. As obras foron adxudicadas ao consorcio Grinaker-LTA, e comezaron en febreiro de 2007. En xullo de 2009, o estadio estaba practicamente completado, faltando só por plantar o céspede,[2] culminando as obras en decembro de 2009.

Soccer City albergou durante o campionato oito encontros (incluíndo o partido inaugural e a final): cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final, un de cuartos e a final. Os partidos foron os seguintes:[1]

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
11 de xuño Primeira rolda Suráfrica
1 - 1
México
84.490
14 de xuño Primeira rolda Países Baixos Países Baixos
2 - 0
Dinamarca Dinamarca
83.465
17 de xuño Primeira rolda Arxentina
4 - 1
Corea do Sur
82.174
20 de xuño Primeira rolda Brasil
3 - 1
Costa do Marfil Costa do Marfil
84.455
23 de xuño Primeira rolda Ghana
0 - 1
Alemaña Alemaña
83.391
27 de xuño Oitavos de final Arxentina
3 - 1
México
84.377
3 de xullo Cuartos de final Uruguai Uruguai
1 - 1
Ghana
84.017
11 de xullo Final Países Baixos Países Baixos
0 - 1
España España
84.490
  1. 1,0 1,1 "Soccer City". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2019. Consultado o 10 de xuño de 2010. 
  2. "Soccer City is nearly finished". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2009. Consultado o 10 de xuño de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]