[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

STS-108

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-108
Lanzamento da misión STS-108
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento5 de decembro de 2001, 22:19 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión11,82 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso17 de decembro de 2001[6]
NSSDC ID2001-054A

STS-108 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 5 de decembro de 2001 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-108, con oito astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. Levou cara a estación á Expedición 4, formada por Iuri Onufriienko, Daniel W. Bursch e Carl E. Walz, e trouxo de volta á Expedición 3 (Frank Culbertson, Vladimir Dezhurov e Mikhail Tiurin). O comandante da misión era Dominic L. Gorie, con Mark E. Kelly como piloto e Linda M. Godwin e Daniel M. Tani como especialistas de misión. Levou subministracións a bordo do módulo Raffaello e durante a misión Godwin e Tani levaron a cabo un paseo espacial para engadar proteccións térmicas ás bases dos paneis solares da estación. O transbordador tamén levaba na súa bodega de carga varios experimentos.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 17 de decembro de 2001.[3][5][6]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 108" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 31 May 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-56238(E)). 1 de xullo de 2002: 3. Consultado o 7 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 108" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-108 / ISS UF-1" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-108" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2018. 
  7. NASA (6 de outubro de 2020). "STS-108" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2021. Consultado o 28 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]