[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Nicolás Tenorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNicolás Tenorio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Nicolás Tenorio Cerero Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1863 Editar o valor en Wikidata
Villalba del Alcor, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de decembro de 1930 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Sevilla Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, escritor, xuíz Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoDramaturxia Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1152232

Nicolás Tenorio Cerero, nado en Villalba del Alcor (provincia de Huelva), o 28 de decembro de 1863 e finado en Sevilla o 1 de decembro de 1930, foi un maxistrado, xuíz e historiador español.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Orfo aos cinco anos, trasladouse a vivir á cidade de Sevilla. Estudou a carreira de dereito na Universidade de Sevilla entre os anos 1881 e 1886.

Tras licenciarse en dereito, gañou as oposicións a xuíz. O seu primeiro destino, sobre o papel, no ano 1897, foi na cidade da Habana, na illa de Cuba (cando pertencía ao reino de España); non chegou a tomar posesión pois días antes de desembarcar na illa declarouse a Guerra Hispano-Estadounidense que levou á proclamación de Cuba como país independente.

De regreso a España, permaneceu catro anos sen destino de xuíz, tempo que aproveitou para cursar a carreira universitaria de Historia e iniciarse no estudo dos importantes arquivos situados en Sevilla, como o Arquivo Xeral de Indias e outros, ao tempo que exerceu a avogacía en Sevilla.

Exerceu a carreira de maxistrado xuíz en distintas provincias de España como Ourense, Murcia, Cádiz, Burgos e Sevilla. Foi Secretario Contador do Ateneo de Sevilla entre os anos 1889 e 1893.

Membro electo da Real Academia Sevillana das Boas Letras desde 1900, redactor da revista El Noticiero Sevillano desde a súa fundación no ano 1893, e traballou para outras publicacións da época como El Porvenir.

No seu primeiro destino como xuíz de primeira instancia e instrución, Nicolás Tenorio, chegou ao partido xudicial de Viana do Bolo (Ourense), desde Sevilla, en outubro de 1900. Exerceu en Viana ata o ano 1906, data en que se trasladou a Vilamartín de Valdeorras. Posteriormente foi trasladado á localidade de Mula (Murcia) en 1910, de onde pasou a exercer en Cádiz en 1910, sendo novamente traslado a Burgos como Tenente fiscal da Audiencia, para anos despois, en 1917, terminar a súa carreira xudicial na súa Sevilla natal, como maxistrado do civil.

Paralelamente ao seu exercicio profesional da carreira xudicial, dedicouse ao estudo histórico, coa creación de interesantes libros sobre a época medieval en Sevilla, as institucións xurídicas e políticas da época. Publicou libros de estudo sociolóxico. Nomeado fillo predilecto de Sevilla, a súa obra tivo nos últimos anos unha nova reedición, en especial a titulada La aldea gallega.

Por tódalas súas contribucións ó estudo dos costumes do pobo, o concello de Viana do Bolo dedicoulle unha rúa que leva o seu nome.

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Portada do seu libro El concejo de Sevilla publicado en 1901.
  • Lista sobre tripulantes del primer viaje de Cristóbal Colón a las Américas, apéndice III e colaboración en citada obra de Manuel Saes e Ferré. El Descubrimento de América. Sevilla, 1893.
  • Noticia de las fiestas en honor de la Marquesa de Denia hechas por la ciudad de Sevilla en el año 1599. Sevilla, 1896.
  • "El mausoleo de Colón", artigo publicado no diario El Porvenir de Sevilla, 1898.
  • "La cueva de la Sierpe", estudo etnográfico de antiga lenda publicado no diario El Porvenir de Sevilla, 1899.
  • La aldea gallega. Estudio de derecho consuetudinario y economía popular. Escrito entre 1900 e 1906 e publicado en Cádiz en 1914 pola imprenta de Manuel Álvarez.[1]
  • Algunas noticias de Menardo Ungut y Lanzalo Polono. Madrid 1901.
  • El concejo de Sevilla. Estudo da organización político-social da cidade desde a súa reconquista ata o reinado de Afonso XI (1248-1312). Edit: E. Rasco. Sevilla 1901.
  • Unas elecciones en O Bolo en 1614 (estudo xurídico sobre a forma de elección dos cargos políticos anuais no Concello de Viana do Bolo) (1903).
  • Las Aldeas Gallegas. Madrid 1903.
  • Viana del Birlo, pobladores prerromanos (referido a Viana do Bolo), Ourense 1904.
  • Descripción y cosmografía de España, publicado entre 1904 e 1914 (transcrición do manuscrito de Hernando Colón sobre unha viaxe que este fixo por España).
  • Las Milicias de Sevilla, Revista de Arquivos, Bibliotecas e Museos, XVII, 1907.
  • Los moriscos en Hornachos, Revista Archivo Extremeño, revista mensual, ciencia arte e historia, nº 5, Badaxoz, 25 de xuño de 1908.
  • Expediente acerca de la remisión a la Real Academia de la Historia, por parte de Nicolás Tenorio, de manuscritos relativos ao concello de Castro de Valdeorras, 1910.
  • Visitas que Don Enrique III hizo a Sevilla. Sevilla 1924.
  • Noticia Histórica da Real Audiencia de Sevilla (1924).

Estudos sobre a súa obra

[editar | editar a fonte]
  • El Ayuntamiento de Sevilla de Nicolás Tenorio Cerero. F. M. Pérez Carrera, C. de Bordons Alba. Serie: Historia y Geografía nº 13. ISBN 84-472-0302-6 (en castelán)
  • Nueva lista documentada de los tripulantes de Colón en 1492. Alice Fochanca Gould (en castelán)
  • La aldea gallega. Estudio de derecho cosuetudinario y economía. Introdución de Carlos García. Xerais, Vigo 1982. (en castelán)

Notas

  1. Reeditado en 1982 por Edicións Xerais de Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]