[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

New Wave

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «New wave»)
New Wave
Orixe musicalpunk rock, garage rock, glam rock, power pop, pub rock, ska, funk, música electrónica, bubblegum, música disco
Orixe culturalanos 70, Estados Unidos e o Reino Unido
Instrumentos típicosguitarra eléctrica, baixo, batería, teclados e voces
DerivadosNew Romanticism
Xéneros de fusión
synthpunk, 2 Tone, electroclash

O New Wave (nova onda) é un xénero musical xurdido entre mediados e finais dos anos 70 como derivado do punk rock, e que evolucionou de xeito independente na década dos 80. Inicialmente a música New Wave foi considerada o mesmo que o punk rock, ata que foi indentificado como un xénero de seu, incorporando aspectos da música electrónica e experimental, subcultura mod, disco e pop dos anos 60, así como gran parte do son e o carácter orixinal do punk rock, como a énfase nas cancións curtas e apegadizas. Nos anos 90 e 2000 houbo un renacer do xénero, e un feixe de bandas influenciadas por unha variedade de estilos de New Wave xurdiron acadando bastante popularidade a mediados da década dos 2000.

O New Wave diferenciase dos movementos post-punk porque presenta características máis comúns ao pop, en vez de buscar unha proposta máis artística, a pesar de que incorpora os son e a actitude do punk exhibindo maior complexidade tanto na música como nas letras. Carácterísticas comúns da música New Wave, ademais das súas influencias punk, son o uso de sintetizadores e producións electrónicas, e a importancia do estilo e da arte.

O New Wave é visto como un dos xéneros definitivos dos anos 80; converteuse nun fixo da MTV, e a popularidade de varios artistas New Wave foi parcialmente atribuída á exposición dada por esta canle. A mediados da década, as diferenzas entre o New Wave e outros xéneros comezaron a difuminarse. O estilo gozou dun rexurdimento nos anos 90, despois de que aumentase a infuencia do xénero en varios artistas desa década. Ese rexurdimento, e o porterior a comezos dos anos 2000 foi pequeno, pero no ano 2004 fíxose popular.

O termo "New Wave"

[editar | editar a fonte]
Blondie.

A captura de toda a natureza da música New Wave ten sido fonte de moita confusión e controversia. A discografía de 1985 Who's New Wave in Music (que é o New Wave na música), listaba artistas unhas 130 categorías distintas. A New Rolling Stone Encyclopedia of Rock usa o termo "practicamente sen sentido" na súa definición de New Wave, mentres que Allmusic menciona "diversidade estilística".

O termo "New Wave" foi posto en circulación como un xénero do rock a comezos dos anos 70, usado por críticos como Nick Kent e Dave Marsh para clasificar a bandas baseadas en Nova York como The Velvet Underground e New York Dolls. Estendeuse moito máis a principios de 1976 cando apareceu en fancines punk británicos como Sniffin' Glue, e tamén en semanarios musicais como Melody Maker e New Musical Express. Nun artigo de Melody Maker no mes de novembro dese ano, Caroline Coon usou o termo "New Wave" para designar a música de bandas que non eran exactamente punk, pero que se relacionaban co estilo, ademais de definir así a parte da mesma escena musical desas bandas. O termo tamén foi usado nese sentido polo xornalista musical Charles Shaar Murray, comentando ao grupo irlandés The Boomtown Rats. Durante un período de tempo entre 1976 e 1977, os dous termos foron intercambiables, pero cara finais dese último ano "New Wave" substituíra a "Punk" como a definición para a nova música underground no Reino Unido.

Nos Estados Unidos, o xefe de Sire Records Seymour Stein, crendo que o termo punk podería significar peores vendas para os artistas do selo que tocaban frecuentemente no club CBGB, lanzou unha campaña chamada "Don't Call It Punk" (non o chames punk) deseñada para substituír o termo por New Wave. Debido a que os consultores de radio dos Estados Unidos informaran aos seus clientes de que o punk rock sería unha moda pasaxeira, decidíronse polo termo New Wave. Nun primeiro momento, moitos escritores estadounidense usaron exclusivamente New Wave para as bandas británicas de punk, pero cara decembro de 1976, The New York Rocker, que sospeitaba do termo punk, converteuse no primeiro xornal do país en usalo con entusiasmo, primeiro cos grupos británicos e posteriormente cos artistas relacionados coa escena CBGB.

O historiador musical Vernon Joynson afirma que o New Wave apareceu no Reino Unido a finais de 1976, cando moitas bandas comezaron a disociarse do punk. A música que seguiu a filosofía anarquista dos Sex Pistols foi distinguida como "punk", mentres que a música que tendía cara a experimentación, a complexidade lírica ou cara producións máis limpas, foi categorizada como "New Wave". Nos Estados Unidos os primeiros artistas relacionados co New Wave eran grupos non tan punk asociados ao club CBGB, como Talking Heads, Mink DeVille e Blondie.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.