[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Melón (cetáceos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O melón é un órgano de forma ovalada formado por unha substancia de natureza lipídica que se encontra na fronte da maioría dos odontocetos e que se cre que se utiliza para a ecolocación.[1][2][3]

Cabeza dunha beluga onde se observa a gran prominencia frontal que alberga o melón.
O melón axuda á ecolocación.

Estruturalmente, o melón forma parte do aparato nasal e comprende a maior parte do tecido entre o espiráculo e a punta do nariz. É un órgano ovoide que se encontra na rexión facial dos odontocetos. Normalmente é asimétrico, lixeiramente desviado cara ao lado dereito. Encóntrase sobre unha almofadiñaa de tecido conectivo denso, sobre as turbinas óseas do cranio.[4]

O tamaño do melón non se relaciona coa máxima profundidade alcanzada nas inmersións dos cetáceos. A súa función aínda non foi aclarada totalmente, pero se cre que é un compoñente bioacústico, como un medio de enfocar os sons utilizados na ecolocación e adaptador de impedancia.
A función como adaptador de impedancia implica a creación dunha similitude entre as características deste tecido e a auga circundante, de tal modo que a enerxía acústica pode fluír cara ao exterior da cabeza e penetrar no medio acuoso cunha mínima perda de enerxía.
Algúns científicos crían erroneamente que o melón se utilizaba para somerxerse e como flotador. Pero estas ideas foron descartadas nos últimos 40 anos e deixaron de ser consideradas válidas polos cetólogos.[5]

Os lípidos (graxas, aceites e ceras) dentro da cabeza dos odontocetos son quimicamente distintos.[6][7] Estes teñen a característica infrecuente de que trasmiten os sons a diferente velocidade dependendo da composición química e que son tóxicos para o metabolismo. Parece como se esta estrutura lipídica especializada evolucionou como compoñente da máquina bioacústica dos odontocetos. O melón e os tecidos lípidicos mandibulares que están involucrados na produción e recepción do son están compostos de ácidos graxos ricos en ácido isovalérico.
A composición bioquímica dos lípidos en varios odontocetos cambia segundo a idade do individuo, o que suxire que a ecolocación non está completamente desenvolvida cando estes animais nacen.[4]

  1. Cranford, T. W., M. Amundin, e K. S. Norris. (1996). ""Functional morphology and homology in the odontocete nasal complex: Implications for sound generation."". J. Morphol. 228 (3): 223–285. PMID 8622183. 
  2. Harper, C. J.; et al. (2008). ""Morphology of the melón and its tendinous connections to the facial muscles in bottlenose dolphins (Tursiops truncatus)."". J. Morphol. (en inglés) 269 (7): 820–839. PMID 18473369. 
  3. Cranford, T. W.; et al. (2008). ""Anatomic Geometry of Sound Transmission and Reception in Cuvier's Beaked Whale (Ziphius cavirostris)."". Anat. Rec. 291 (4): 353–378. PMID 18228579. 
  4. 4,0 4,1 Berta, Annalisa (2006). Marine Mammals: Evolutionary biology. Academic Press. ISBN 0-12-088552-2. 
  5. Cranford, T. W. (26 de agosto de 2006). ""The sperm whale's nose: Sexual selection on a grand scale?"". Marine Mammal Science (en inglés) 15 (4): 1134–1158. doi:10.1111/j.1748-7692.1999.tb00882.x. 
  6. Koopman, H. N.; et al. (2003). ""High concentrations of isovaleric acid in the fats of odontocetes: variation and patterns of accumulation in blubber vs. stability in the melon."". J. Comp. Physiol. B 173: 247–261. PMID 12743728. 
  7. Litchfield, C.; et al. (1975). ""Comparative lipid patterns in acoustical and nonacoustical fatty tissues of dolphins, porpoises and toothed whales."". Comp. Biochem. Physiol. 50B: 591–597. PMID 1122741.