[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Martorell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMartorell
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°28′28″N 1°55′50″L / 41.47444, 1.930537
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBaix Llobregat Editar o valor en Wikidata
CapitalMartorell Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación28.760 (2023) Editar o valor en Wikidata (2.246,88 hab./km²)
Número de fogares118 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie12,8 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Llobregat e Anoia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude56 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataXavier Fonollosa i Comas (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08760 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE08114 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT081141 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webmartorell.cat Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452822

Martorell é un municipio da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, comunidade autónoma de Cataluña, España. Situado á beira do Llobregat, é un importante nó de comunicacións.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Vista de Martorell desde a serra

Situado no norte da comarca do Baix Llobregat, onde transcorre o paso de dous ríos, o Llobregat, na parte leste do termo municipal, e o río Anoia, afluente do anterior. O municipio, ten unha extensión de 12,84 km².

Martorell divídese, debido ao curso do río Anoia, en dúas grandes zonas. A zona sur, aglutina os barrios de la Mina, la Vila, Pont del Diable, Rosanes e Portal d'Anoia. Na zona alta, podemos atopar os barrios de El Pla, Torrent de Llops, Bos Aires, Camí Fondo, Can Cases, Can Carreiras, Pou del Merli, e o barrio das Bobilas.

O barrio da Vila ten especial importancia xa que este barrio pertence ao núcleo histórico de Martorell.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
1.825 5.054 6.860 24.213 33.456 39.220 45.190

Economía

[editar | editar a fonte]

A pesar da pouca extensión do territorio do termo municipal, a industria ten unha grande importancia. A industria máis importante de Martorell é SEAT, no termo atópase a sede, o centro de deseño e a fábrica automobilística. SEAT ten unha grande importancia na contorna da economía na zona, xa que hai un gran número de empresas que indirectamente se estableceron na zona, construíndo elementos varios para os vehículos.

No sector da industria química atópase Solvay, cuxo produto máis destacado é o PVC. Tamén se atopa Cargill Ibérica SLU (antigamente Cerestar Ibérica), unha importante industria alimenticia.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
O Pont del Diable
  • Pont del Diable
  • Igrexa de Santa Margarida, visigoda e románica.
  • Castelo de Rosanes
  • Convento dos Capuchinos, dos séculos XVII e XVIII.

Localidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]