Marcus Ward Lyon
(1917) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de febreiro de 1875 Rock Island Arsenal, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 19 de maio de 1942 (67 anos) South Bend, Estados Unidos de América (pt) |
Lugar de sepultura | Cemiterio Nacional de Arlington |
Educación | Universidade Brown Universidade George Washington Rock Island High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía, terioloxía, bacterioloxía, patoloxía, Parasitoloxía e Oftalmoloxía |
Ocupación | zoólogo, parasitólogo, oftalmólogo, botánico, bacteriólogo, patólogo, conservador, biólogo, escritor |
Empregador | Museo Nacional de Historia Natural dos Estados Unidos |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | M.W.Lyon |
Abreviatura do autor en zooloxía | Lyon |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Martha Maria Brewer Lyon (1902–) |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Indiana Authors and their Books, 1967-1980 |
Marcus Ward Lyon Jr., nado o 5 de febreiro de 1875 en Rock Island Arsenal (Illinois) e finado o 19 de maio de 1942 en South Bend (Indiana), foi un zoólogo especializado en terioloxía, bacteriólogo e patólogo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Temperán interese pola zooloxía
[editar | editar a fonte]Nado nunha familia de militares, demostrou axiña un grande interese na zooloxía, recollendo espécimes da fauna local nos arredores dos destinos do seu pai no exército.
Estudos
[editar | editar a fonte]Graduouse na universidade Brown (Providence, Rhode Island) en 1897 e continuou os seus estudos na universidade George Washington (Washington, D.C.), mentres traballaba a tempo parcial no United States National Museum (USNM).[1] En primeiro lugar foi axudante no departamento de mamíferos e profesor na universidade da cidade. Nesta universidade obtivo o seu título de doutor en medicina en 1902 e, despois, en 1913, o seu Ph. D. (doutor en filosofía).
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]O 13 de decembro de 1902 casou con Martha Maria Brewer, unión da que nacería unha filla. De 1903 a 1917 ensinou bacterioloxía, patoloxía, medicina veterinaria e parasitoloxía en diversas universidades.
Durante a primeira guerra mundial, en 1917, ingresou no exército dos Estados Unidos, servindo como patólogo no hospital Walter Reed Army Medical Center. En setembro de 1919 pasou á reserva do corpo médico co grao de maior.[2][3]
En 1919, el e a súa esposa Martha, trasladáronse a South Bend, Indiana, onde traballaron nunha clínica recentemente inaugurada, onde a súa esposa traballou como oftalmóloga. Xa antes de mudarse, Lyon publicara moitos artigos sobre mastozooloxía, durante e despois da súa permanencia no USNM. Nestes traballos describira formalmente seis especies, tres xéneros e unha familia (a dos ptilocércidos).
Unha vez en South Bend, comezou a publicar estudos médicos, pero continuando o seu traballo en mastozooloxía, con especial énfase na fauna local de Indiana, e tamén na flora deste estado. Publicou máis de 160 artigos durante a súa carreira.
Foi membro de diversas sociedades científicas, como a Asociación Americana para o Avance da Ciencia, a Washington Academy of Science, a Sociedade Ecolóxica de América, a Sociedade Americana de Mamaloxistas (na que ostentou a presidencia de 1931 a 1933),[2] a Unión Americana de Ornitólogos, a Sociedade Americana de Bacteriólogos, a Academia de Ciencias de Indiana. Máis adiante, Lyon converteuse nun conservacionista.
Falecemento
[editar | editar a fonte]Lyon faleceu o 19 de maio de 1942 en South Bend, Indiana, e está soterrado no Cemiterio Nacional de Arlington.[3]
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]- Lyon, Jr., M. W. (1904). "Classification of the hares and their allies". Smithsonian institution publication, no. 1456: 321–447.
- Lyon, Jr., M. W. (1906). "Mammals of Banka, Mendanau, and Billiton Islands, between Sumatra and Borneo". Proceedings of the United States National Museum 31 (1498): 575–612.
- Lyon, Jr., M. W. (1906). "Notes on the slow lemurs". Proceedings of the United States National Museum 31 (1494): 527–538.
- Lyon, Jr., M. W. (1907). "Mammals Collected in Western Borneo by Dr. W. L. Abbott". Proceedings of the United States National Museum 33 (1577): 547–571.
- Lyon, Jr., M. W.; Osgood, W.H. (1909). "Catalogue of the type-specimens of mammals in the United States National Museum, including the biological survey collection". Bulletin of the United States National Museum 62 (62): i–x, 1–325.
- Lyon, Jr., M. W. (1913). "Treeshrews: An account of the mammalian family Tupaiidae". Proceedings of the United States National Museum 45 (1976): 1–188.
- Lyon, Jr., M. W. (1936). "Mammals of Indiana". American midland naturalist 17 (1): 1–384. JSTOR 2420156.
- Lyon, Jr., M. W. (1939). Conservation from the naturalist's point of view. Year Book. Indiana Audubon Society.
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]- A abreviatura M.W.Lyon emprégase para recoñecer a Marcus Ward Lyon como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
- A abreviatura Lyon emprégase para recoñecer a Marcus Ward Lyon como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hoxe, Museo Nacional de Historia Natural do Instituto Smithsoniano.
- ↑ 2,0 2,1 Layne, J. N. & Hoffmann, R. S. (1994): "Presidents". En Birney, E. C. & Choate, J. R. Seventy-five years of mammalogy (1919–1994). Special Publication Nº 11. American Society of Mammalogists. ISBN 0-935868-73-9.
- ↑ 3,0 3,1 Just, T. (1942): "Marcus Ward Lyon, Jr. 1875–1942". American Midland Naturalist 27 (3): ii–xv.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marcus Ward Lyon |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Allen G. Debus, dir. (1968): World Who’s Who in Science. A Biographical Dictionary of Notable Scientists from Antiquity to the Present. Marquis-Who’s Who (Chicago).