[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Manuel Iglesias Corral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Iglesias Corral
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1901 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 1989 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Senador de España
23 de xuño de 1986 – 2 de setembro de 1989
Nomeado por: Xunta de Galicia
Deputado do Parlamento de Galicia
30 de outubro de 1981 – 8 de setembro de 1989
Senador de España
15 de xuño de 1977 – 31 de agosto de 1982
Circunscrición electoral: A Coruña
Deputado no Congreso dos Deputados
6 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936
Circunscrición electoral: Provincia da Coruña
Deputado nas Cortes republicanas
6 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: A Coruña
Alcalde da Coruña
1932 – 1934
← Juan González RodríguezAlfredo Suárez Ferrín →
Alcalde
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Valladolid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado, empresario, xurista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia Editar o valor en Wikidata
BNE: XX976018 BUSC: iglesias-corral-manuel-1901-1989

Manuel Iglesias Corral, nado na Coruña o 1 de xaneiro de 1901 e finado na mesma cidade o 8 de setembro de 1989,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Valladolid e na Universidade de Santiago de Compostela, iniciou a súa andaina política como concelleiro na cidade da Coruña en 1931, concello do que chegou a ser Alcalde entre 1932 e 1934.

Participou na redacción do anteproxecto do estatuto de Galicia, elixido deputado pola ORGA nas Cortes Republicanas en 1933 e fiscal da República en 1936. Durante o franquismo tivo cargos directivos en empresas privadas e coa recuperación da democracia foi senador pola Candidatura Democrática Galega e pola UCD (1977-1982), foi presidente da UCD de Galicia, deputado no Parlamento de Galicia por Alianza Popular (1981-89) e senador de novo, desta vez por Alianza Popular (1986-1989), en representación da comunidade autónoma.

Foi decano do Colexio de Avogados da Coruña desde 1963 a 1988, ano no que foi distinguido como Decano Honorario. Tamén foi Fiscal Xefe do Tribunal Supremo e do Tribunal de Garantías Constitucionais da República.

Foi Avogado da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña. Tamén no plano empresarial, foi Secretario Xeral da Industria Baleeira Española, S.A.; Presidente de Frigoríficos do Noroeste, S.A. e Secretario do Consello de Administración de La Voz de Galicia, S.A.

Decano do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña; Presidente da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación;[2] Presidente da Comisión do Consello Xeral da Avogacía Española para a Unión de Avogados Hispanoamericanos; Conselleiro da Avogacía Española e Vogal da Comisión Xeral de Codificación en 1968. Foi membro da Union Internationale des Avocats, do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses; membro correspondente da Academia de Ciencias, Letras e Artes de San Romualdo, de San Fernando (Cádiz); membro do Instituto Padre Feijóo, de Estudos Ourensáns; membro fundador do Instituto Español de Dereito Foral; Académico de Honra da Xurisprudencia e Lexislación, de Barcelona e da Xurisprudencia e Lexislación de Valencia, así como Colexiado de honra do Colexio de Avogados de Lima (Perú).

Foi condecorado coa Lexión de Honra (Francia), coa Condecoración da Orde do Cristo de Portugal e da Cruz da Orde de San Carlos, no grao de Grande Oficial, da República de Portugal.

  1. La Voz de Galicia, 10-9-1989, p. 33.
  2. RAGXL. Historia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Juan González Rodríguez
 
Alcalde da Coruña
 
1932 - 1934
Sucesor:
Alfredo Suárez Ferrín