[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Manuel Orantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Orantes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Granada, España Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista, adestrador de tenis Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata - 1983 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado1.398.303 $ Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportetenis Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivatenis individual
tenis dobres Editar o valor en Wikidata
Man de xogomanicho Editar o valor en Wikidata
Modalidade Partido de tenis Recorde individual (pt)Recorde individual (pt) Número de vitorias Récord persoal
Tenis individual 679–268 Editar o valor en Wikidata  33 Editar o valor en Wikidata 2 (1973)
Tenis dobres 310–160 Editar o valor en Wikidata 22 Editar o valor en Wikidata 160 (1983)
Hall of fame Info HOF Editar o valor en Wikidata
ATP Info ATP Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
-  Equipe Espanhola de Copa Davis
Participou en
1968Xogos Olímpicos de 1968 Editar o valor en Wikidata
Premios

Manuel Orantes Corral, nado en Granada o 6 de febreiro de 1949, é un extenista español de éxito nos anos 1970 e 80.

En total, gañou 33 títulos individuais, incluíndo Roma (1972), Hamburgo (1972 e 1975), Estados Unidos (1975), Canadá (1975) e o Masters de 1976. Tamén alcanzou 35 finais, sendo as máis importantes Roland Garros (1974), Cincinnati (1973), Montecarlo (1970), Canadá (1973 e 1974), Roma (1973 e 1975), e Hamburgo (1976 e 1977).Entre os seus grandes logros está ser o segundo xogador de toda a historia do ATP con máis partidos gañados sobre terra batida despois de Guillermo Vilas e ser o español con máis partidos gañados en terra batida por diante do Rafa Nadal, con 569 partidos gañados.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orantes viviu a súa infancia no seo dunha familia humilde xunto aos seus avós no Barrio do Carmelo de Barcelona onde comezou como recolle pelotas no club de Tenis da Salut, onde foi adestrado polo descubridor de talentos Pedro Mora, que para Orantes foi o seu mellor adestrador e a persoa que máis influíu na súa carreira tenística.

En 1966, levou os seus primeiros éxitos deportivos cando gañou os títulos Xuñor en Wimbledon e o Orange Bowl. En 1968 venceu na final do torneo madrileño ao gran tenista español da época Manuel Santana.

Participou nos Xogos Olímpicos de México 1968 gañando a medalla de prata, perdendo ante o seu compatriota Santana. Con todo, o tenis estivo presente na cita olímpica como deporte de exhibición e, por tanto, non contou para o computo final.[1] Gañaría a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de 1971 celebrados na cidade turca de Esmirna, vencendo na final ao seu tamén compatriota Juan Gisbert.[2]

En 1969, conseguiu o seu primeiro título oficial, recoñecido polo ATP no torneo de Barcelona onde derrotou novamente a Santana na final. Orantes conseguiu o prestixioso torneo catalán noutras 2 oportunidades e foi campión español nos anos en 1967, 1970, 1971, 1974, 1975 e 1979. Conseguiu moitos dos torneos máis importantes sobre terra batida incluíndo Roma, Hamburgo, Montecarlo, Madrid e Barcelona e mantense como o segundo tenista español con máis títulos na Era Aberta, por detrás de Rafael Nadal e empatado con Conchita Martínez.

En 1974, alcanzou a final de Roland Garros, o máis importante torneo sobre canchas de terra batida e un dos 4 Grand Slam. Alí, foi derrotado pola nova promesa sueca, o lendario Björn Borg en 5 sets, logo de gañar os dous primeiros. Un ano antes alcanzara a ser o nº 2 do mundo.

En 1975, conseguiu o título máis importante da súa carreira. O 7 de setembro, derrotou ao favorito Jimmy Connors na final do US Open en Forest Hills, Nova York, gañando así o seu único torneo do Grand Slam. Gañou a final en sets corridos cando o torneo se xogaba sobre arxila verde (cancha lenta).

En 1976, conquistou o seu segundo gran título ao derrotar ao polaco Wojciech Fibak na final do Masters de Houston sobre moqueta sintética.

O seu último título logrouno no ano 1982 ao gañar o torneo de Bournemouth.

Ademais, ao longo da súa carreira gañou 22 títulos na categoría de dobres, entre os cales destacan o Masters, Hamburgo en 1975 e Canadá en 1974. Alcanzou 20 finais de dobres, incluíndo Roland Garros en 1978, Canadá en 1976 e Hamburgo en 1973,o seu mellor ranking de dobres foi o número 2 do mundo en 1976.

Na actualidade, rexenta a escola de tenis que leva o seu nome, en Barcelona.

O 15 de abril de 2012 ingresou no Salón da Fama do Tenis como recoñecemento á súa gran carreira deportiva.[3]

Copa Davis

[editar | editar a fonte]

Foi o estandarte do equipo español de Copa Davis entre 1967 e 1980, conseguindo unha marca de 60 vitorias e 27 derrotas en partidos da Copa Davis.

En 1967, colaborou co arribo até a final para o seu país aínda que perdeu 5 dos 6 partidos que xogou, tres deles na final ante Australia en Brisbane.

Foi tamén membro do equipo español gañador da primeira edición da Copa do Mundo por Equipos en 1978 na que derrotaron a Australia na final.

Logo do seu retiro do tenis, Orantes foi capitán de Copa Davis para España até o ano 1992 cando se retirou tras algúns conflitos cos xogadores Emilio Sánchez Vicario e Sergio Casal.

Torneos de Grand Slam

[editar | editar a fonte]

Campión individuais (1)

[editar | editar a fonte]
Ano Torneo Opoñente na final Resultado
1975 US Open Jimmy Connors 6-4 6-3 6-3

Finalista indivIdais (1)

[editar | editar a fonte]
Ano Torneo Opoñente na final Resultado
1974 Roland Garros Bandera de Suecia Björn Borg 6-2 7-6 0-6 1-6 1-6

Finalista en dobres (1)

[editar | editar a fonte]
Ano Torneo Parella Opoñentes na final Resultado
1978 Roland Garros Bandera de España José Higueras Gene Mayer / Hank Pfister 3-6 2-6 2-6

Títulos na Era Aberta (55)

[editar | editar a fonte]

Individuais (33)

[editar | editar a fonte]
Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado
1. 4 de outubro de 1969 Barcelona, España Terra batida Manolo Santana 6-4 7-5 6-4
2. 18 de outubro de 1971 Barcelona WCT, España Terra batida Robert Lutz 6-4 6-3 6-4
3. 20 de marzo de 1972 Caracas, Venezuela Dura Haroon Rahim 6-4 7-5 6-4
4. 24 de abril de 1972 Roma, Italia Terra batida Jan Kodeš 4-6 6-1 7-5 6-2
5. 15 de maio de 1972 Bruselas, Bélgica Terra batida Andrés Gimeno 6-4 6-1 2-6 7-5
6. 5 de Xuño de 1972 Hamburgo, Alemania Terra batida Adriano Panatta 6-3 9-8 6-0
7. 10 de Xullo de 1972 Bastad, Suecia Terra batida Ilie Năstase 6-4 6-3 6-1
8. 2 de abril de 1973 Valencia, España Terra batida Adriano Panatta 6-4 6-4 6-3
9. 22 de abril de 1973 Niza, Francia Terra batida Adriano Panatta 7-6 5-7 4-6 7-6 12-10
10. 5 de agosto de 1973 Louisville, Estados Unidos Terra batida John Newcombe 3-6 6-3 6-4
11. 13 de agosto de 1973 Indianápolis, Estados Unidos Terra batida Georges Goven 6-4 6-1 6-4
12. 3 de marzo de 1975 El Cairo, Egipto Terra batida Francois Jauffret
13. 23 de marzo de 1975 Montecarlo WCT, Mónaco Terra batida Bob Hewitt 6-2 6-4
14. 12 de maio de 1975 Bournemouth, Gran Bretaña Terra batida Onny Parun 6-3 4-6 6-2 7-5
15. 19 de maio de 1975 Hamburgo, Alemania Terra batida Jan Kodeš 3-6 6-2 6-2 4-6 6-1
16. 7 de Xullo de 1975 Bastad, Suecia Terra batida José Higueras 6-0 6-3
17. 4 de agosto de 1975 Indianápolis, Estados Unidos Terra batida Arthur Ashe 6-2 6-2
18. 11 de agosto de 1975 Toronto, Canadá Terra batida Ilie Năstase 7-5 6-0 6-1
19. 27 de agosto de 1975 US Open, Nueva York, Estados Unidos Terra batida Jimmy Connors 6-4 6-3 6-3
20. 28 de marzo de 1976 Valencia, España Terra batida Kjell Johansson 6-2 6-2 6-2
21. 4 de maio de 1976 Múnich, Alemania Terra batida Karl Meiler
22. 18 de Xullo de 1976 Kitzbühel, Austria Terra batida Jan Kodeš 7-6 6-2 7-6
23. 4 de outubro de 1976 Teherán, Irán Terra batida Raúl Ramírez 7-6 6-0 2-6 6-4
24. 11 de outubro de 1976 Madrid, España Terra batida Eddie Dibbs 7-6 6-2 6-1
25. 18 de outubro de 1976 Barcelona, España Terra batida Eddie Dibbs 6-1 2-6 2-6 7-5 6-4
26. 5 de decembro de 1976 Tennis Masters Cup, Houston, Estados Unidos Moqueta Wojciech Fibak 5-7 6-2 0-6 7-6 6-1
27. 8 de agosto de 1977 Indianápolis, Estados Unidos Terra batida Jimmy Connors 6-1 6-3
28. 23 de agosto de 1977 Boston, Estados Unidos Terra batida Eddie Dibbs 7-6 7-5 6-4
29. 31 de outubro de 1977 Tokio Outdoor, Japón Terra batida Kim Warwick 6-2 6-1
30. 21 de agosto de 1978 Boston, Estados Unidos Terra batida Harold Solomon 6-4 6-3
31. 22 de maio de 1979 Múnich, Alemania Terra batida Wojciech Fibak 6-3 6-2 6-4
32. 14 de setembro de 1981 Palermo, Italia Terra batida Pedro Rebolledo 6-4 6-0 6-0
33. 19 de abril de 1982 Bournemouth, Gran Bretaña Terra batida Ángel Giménez 6-2 6-0

Finalista en individuais (35)

[editar | editar a fonte]
  • 1968: Xogos Olímpicos de México 1968 (perde ante Manuel Santana)
  • 1970: Montecarlo (perde ante Željko Franulović)
  • 1970: Buenos Aires (perde ante Željko Franulović)
  • 1971: Caracas (perde ante Thomaz Koch)
  • 1972: Johannesburgo-1 (perde ante Cliff Richey)
  • 1972: South Orange (perde ante Ilie Năstase)
  • 1972: Barcelona (perde ante Jan Kodeš)
  • 1973: Roma (perde ante Ilie Năstase)
  • 1973: Bastad (perde ante Stan Smith)
  • 1973: Kitzbuhel (perde ante Raúl Ramírez)
  • 1973: Cincinnati (perde ante Ilie Năstase)
  • 1973: Montreal (perde ante Tom Okker)
  • 1973: Barcelona (perde ante Ilie Năstase)
  • 1974: Roland Garros (perde ante Björn Borg)
  • 1974: Gstaad (perde ante Guillermo Vilas)
  • 1974: Montreal (perde ante Guillermo Vilas)
  • 1974: Barcelona (perde ante Ilie Năstase)
  • 1974: Buenos Aires (perde ante Guillermo Vilas)
  • 1975: Valencia (perde ante Ilie Năstase)
  • 1975: Madrid (perde ante Ilie Năstase)
  • 1975: Roma (perde ante Raúl Ramírez)
  • 1975: Tokio (perde ante Raúl Ramírez)
  • 1975: Calcuta (perde ante Vijay Amritraj)
  • 1976: Bournemouth (perde ante Wojciech Fibak)
  • 1976: Hamburgo (perde ante Eddie Dibbs)
  • 1976: Dusseldorf (perde ante Björn Borg)
  • 1976: Pepsi Grand Slam (perde ante Ilie Năstase)
  • 1976: Londres (perde ante Raúl Ramírez)
  • 1976: Estocolmo (perde ante Mark Cox)
  • 1977: Hamburgo (perde ante Paolo Bertolucci)
  • 1977: North Conway (perde ante John Alexander)
  • 1977: Barcelona (perde ante Björn Borg)
  • 1977: Manila (perde ante Karl Meiler)
  • 1979: Madrid (perde ante Yannick Noah)
  • 1980: Niza (perde ante Björn Borg)
  • 1983: Niza (perde ante Henrik Sundström)

Títulos na ATP

[editar | editar a fonte]

Gañados (1)

[editar | editar a fonte]
N.º Ano Torneo Opoñente na final Resultado
1. 1971 Xogos Mediterráneos de Esmirna Juan Gisbert 6-3, 6-1, 6-3

No seu xogo, moi completo, preciosista e con moito toque, destacaba especialmente o seu magnífico revés cortado. Xogador enormemente talentoso.

Aínda que obtivo importantes triunfos en todas as superficies foi sobre terra batida onde mellor se desenvolveu en torneos de Grand Slam (en terra batida gañou o US Open de 1975 contra Jimmy Connors na final e perdeu contra Björn Borg a final de Roland Garros de 1974). Xunto con Manuel Santana e José Higueras liderou o tenis español entre finais dos 60 até principios dos 80, sendo un referente até hoxe en día polo seu carisma e talento, pioneiro xunto a Santana do tenis español en canto a triunfos importantes antes das exitosas xeracións que empezaron a chegar nos anos 1990 até a actualidade.

Tivo unha importante lesión no cóbado tras a que cambiou de raqueta. Abandonou a Slazenger de madeira cambiando a unha do mesmo fabricante en aluminio, o que favoreceu a súa potencia.

  1. "Resultados Españoles". www.rfet.es (en castelán). Consultado o 2024-11-03. 
  2. "Medallero Español". www.rfet.es (en castelán). Consultado o 2024-11-03. 
  3. Kuerten y Capriati entran al Salón de la Fama del Tenis