[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Luca Giordano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuca Giordano

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1634 Editar o valor en Wikidata
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xaneiro de 1705 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSanta Brigida, Naples (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Pintor de cámara
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e artes visuais Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Nápoles (1702–1705)
Madrid (1692–1702)
Florencia (1679–1682)
Nápoles (1651–1678)
Bérgamo
Roma
Venecia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, gravador Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor en Wikidata
MovementoBarroco Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJosé de Ribera Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX927868 Musicbrainz: d98329c7-7652-46bd-9f58-3408effb3716 Discogs: 4123805 Find a Grave: 125163480 Editar o valor en Wikidata

Luca Giordano, nado en Nápoles o 18 de outubro de 1634 e finado na mesma cidade o 3 de xaneiro de 1705, foi un pintor barroco italiano. En España foi tamén coñecido como Lucas Jordán, castellanización do seu nome.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
A creación do Home, fresco no Palacio Medici Riccardi en Florencia, 1684-1686.

Aínda que fillo dun modesto pintor, Antonio Giordano,[1] a amizade con José de Ribera[2] marcou a súa vida. Comezou a temperá idade a traballar con Ribera no seu taller napolitano, e debido á grande influencia do artista español e ás numerosas viaxes por Roma, Venecia e outras cidades, en busca dun maior coñecemento das diferentes técnicas da época, converteuse nun dos mellores artistas do barroco. Foi axudante de Pietro da Cortona en Roma afundando nos aspectos decorativos contra 1650.

É singularmente famoso pola súa rapidísima produción e a súa versatilidade; efectuou imitacións «ao xeito de» Rafael, Tiziano e Rubens. A súa actividade, bastante prolífica, e a súa velocidade ao pintar reflíctense no seu alcume «Luca fà presto», palabras que ao parecer lle dicía o seu pai para apuralo no seu traballo.

Aos vinte anos realizou unha serie de lenzos para a Basílica de San Pietro Ad Aram e Santa María Donnaromita (A derrota de Sísara) en Nápoles, en que plasmou a súa mestría e tamén o influxo de Ribera. A partir deses anos, o seu prestixio creceu e recibiu encargos de importancia para diversas igrexas italianas e mesmo españolas. En Nápoles coñeceu a Mattia Preti, influíndose mutuamente, e foi alí onde pintou a súa Virxe do baldaquino. Foi coñecido que en 1665 era mestre do gremio de pintores. En 1677 traballou en Montecassino e posteriormente marchou a Venecia.

Giordano adquiriu un estilo que fusionaba o "veneciano" e o "romano". Combinou a pompa ornamental de Paolo Veronese con esquemas complexos máis vivos "á gran maneira" de Pietro da Cortona. En Venecia pintou frescos na Basílica de Santa María della Salute. Entre 1682-83 pintou varias series de frescos en Florencia, incluíndo a cúpula da Capela dos Corsini na Igrexa de Santa María do Carmine. No quinteiro ocupado polo antigo Palacio Medici pintou o teito da Biblioteca Riccardiana (A sabedoría liberada da escravitude da ignorancia) e o inmenso teito da galería do Palacio Medici Riccardi. Os frescos inclúen no centro a celebración haxiográfica prototípica da familia Medici rodeada por unha serie de espazos narrativos entrelazados: figuras alegóricas (virtudes cardinais, elementos da natureza) e episodios mitolóxicos (Neptuno e Anfitrite, o rapto de Proserpina, a procesión triunfal de Baco, a morte de Adonis, Ceres e Triptólemo).[3]

O influxo de Ribera manifestouse na composición e na iluminación tenebrista, pero cun emprego da cor diferente, chegando mesmo a facer imitacións por encargo do estilo de Ribera.

Cara a 1670, debido á súa actividade incesante en frescos de numerosos mosteiros e igrexas e aos numerosos encargos españois de obras pictóricas, o rei Carlos II encargoulle pintar os frescos do Real Mosteiro do Escorial.

En 1692 chegou a España, onde permaneceu durante unha década. A liberdade, inventiva e a técnica de Giordano foron unha das causas do éxito dos frescos do Escorial. A esta obra seguiron outras de grande importancia como no Palacio do Buen Retiro, a Igrexa de Atocha e a sancristía da catedral de Toledo, ademais de numerosas obras en lenzos para a corte e o clero.

Á parte dos seus frescos no Mosteiro do Escorial, destaca o existente no Casón del Buen Retiro (c. 1697), un dos escasos murais que subsisten en Madrid, dos varios que executou. Na Igrexa de San Antonio dos Alemáns de Madrid na rúa da Puelba tamén se poden atopar frescos seus. A súa presenza mediante pinturas sobre lenzo é pola contra enorme: máis de 40 no Museo do Prado,[4] como O soño de Salomón, Rubens pintando unha alegoría da Paz e retratos ecuestres en pequeno formato de Carlos II e a súa esposa, seguramente modelos previos para exemplares de gran tamaño que non chegaron a executarse.

Ademais do cadro Santiago Apóstolo na Batalla de Clavijo da igrexa do Convento das Comendadoras de Santiago en Madrid, destacan entre outros lugares a colección de pinturas existente no Convento das Carmelitas de Peñaranda de Bracamonte e a do Mosteiro de Guadalupe. Á súa última etapa española corresponde tamén o lenzo denominado San Xaquín e Santa Ana coa Virxe nena, actualmente na igrexa de San Miguel en Cuéllar.

Adquiriu gran popularidade na corte española e foille concedido o título de Cabaleiro. Debido á morte de Carlos II e á difícil situación durante a época de Filipe V, decidiu volver a Nápoles en 1702. Alí, posuidor dunha gran fortuna, gastou importantes sumas de diñeiro en obras de munificiencia e foi particularmente xeneroso cos seus compañeiros artistas con problemas económicos.

A Madalena penitente, obra do Museo do Prado en que se aprecia a grande influencia que exerceu José de Ribera na produción temperá de Giordano.

Pintou a cúpula da Igrexa de Santa Bríxida de Nápoles. O curioso da cúpula é que non podía superar os 9 metros de altura para non obstruír o lume artilleiro do Castel Nuovo. Con todo, o límpido ceo pintado ao fresco na cúpula por Luca Giordano aproveita ao máximo a perspectiva e crea a sensación dun espazo inmenso.

Alcanzou o cumio da súa celebridade en 1704 pintando a Historia de Xudit no teito da sancristía da Cartuxa de San Martiño de Nápoles.

Unha das súas máximas era que o bo pintor é aquel que gusta ao público e este é atraído máis pola cor que polo debuxo.

Luca Giordano faleceu en Nápoles en 1705. O seu corpo permanece nun altar lateral da Igrexa de Santa Bríxida. Morreu sendo irmán leigo da Ordo Clericorum Regularium Matris Dei.

Avaliación crítica e legado

[editar | editar a fonte]

Giordano foi criticado por ser un prolífico comerciante de todos os estilos sen ser mestre de ningún. Foi considerado como un proto Tiépolo, revivindo a gran maneira de Cortona nun estilo que brillou con Tiépolo. Tamén, da unión da súa escola napolitana coa tradición veneciana, preparou o camiño a Francesco Solimena.

Trala súa morte, foi desacreditado con dureza por artistas e críticos, que o consideraban responsable da decadencia da pintura española tralos anos esplendorosos de Velázquez e Murillo. O novo interese que suscitou a época barroca a principios do século XX, contribuíu decisivamente á revalorización do pintor. A súa produción en España influíu claramente en Miguel Jacinto Meléndez, Antonio Palomino e Goya.

  1. Painting in Naples 1606-1705, p.68
  2. Painting in Naples 1606-1705, p.51.
  3. Palazzo Medici.
  4. "Giordano, Luca - The Collection - Museo Nacional del Prado". www.museodelprado.es. Consultado o 2019-11-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Painting in Naples 1606-1705: From Caravaggio to Giordano. Catalogue of an exhibition held at the Royal Academy. Londres: Royal Academy. 1982. 
  • De Dominici, Bernardo (1729). Francesco Ricciardo, ed. Vita del Cavaliere D. Luca Giordano, pittore napoletano'. Nápoles: Francesco Ricciardo. p. 1. 
  • O. Ferrari - G. Scavizzi, Luca Giordano, Napoli, varie edizioni (1966, 1992, 2000)
  • M.Horak, Importanti opera di Luca Giordano a Piacenza, in "Strenna Piacentina 2011" - Amici dell'Arte, Piacenza 2011
  • G. Scavizzi - G. De Vito, Luca Giordano giovane 1650-1664, Napoli, 2012
  • M. Horak, Luca Giordano: la grande pala in Santa Teresa, in "Panorama Musei", anno XVII, n. 1, 2012
  • Cerdeira San Gil, Gloria Marisol, "Luca Giordano y el virrey Santisteban: un mecenado peculiar". Boletín do Museo e Instituto Camón Aznar, nº 26, 1986, páx 73-88
  • Luca Giordano y España, Catálogo Exposición Palacio Real (7.03-2.06.2002), Patrimonio Nacional, Madrid, 2002.
  • Cerdeira San Gil, Gloria Marisol, Atesoramiento artístico e historia en la España Moderna: los IX condes de Santisteban, Instituto de Estudos Gienenses, Deputación de Xaén (España) 2006, 576 páx.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]