[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Landulfo II de Capua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLandulfo II de Capua
Biografía
Nacementoc. 825 Editar o valor en Wikidata
Morte879 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Bispo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaLandulfids (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiLandulf I of Capua Editar o valor en Wikidata
IrmánsLando I of Capua
Pando of Capua Editar o valor en Wikidata

Landulfo II, nado sobre 825 e finado en 879, foi bispo e gastald (conde) de Capua.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era o máis novo dos catro fillos de Landulfo I, Gastald de Capua. Cando era novo ingresou na igrexa e cando seu pai morreu, seu irmán máis vello, Lando, sucedeuno como Lando I.

Á morte de Paulino, Bispo de Capua, o conde Lando I nomeou ó seu irmán Landulfo bispo desa cidade. Lando morreu no ano 861 e o seu fillo máis novo, Lando II de Capou morreu uns meses despois, sendo sucedido polo seu tío e irmán máis vello de Landulfo, Pando de Capua. Pando tamén morreu pouco despois e estalou unha crise sucesoria. O fillo de Pandon, Pandenulfo, foi apartado da sucesión e Landulfo, a pesar da súa condición de bispo, apoderouse do trono de Capua no ano 863. Pronto foi recoñecido polo duque Lamberto I de Spoleto. No ano 866 o bispo-conde foi atacado polo emperador Lois II, pero posteriormente negouse a participar na rebelión contra el liderada por Adelchis de Benevento no ano 871. Á morte do emperador Lois (875), que establecera unha paz cos habitantes de Mezzogiorno, Landulfo aliouse cos sarracenos de Sicilia, pero no ano 877 o Papa Xoán VIII convenceuno de que abandonara esa alianza e se unise ós cristiáns contra os musulmáns. Pasou os anos seguintes defendendo a costa de Amalfi co seu navío persoal a cambio de tributo. Morreu no ano 879, sendo aínda conde de Capua, e coa súa morte estalou outra crise sucesoria. Na crónica de Erchemperto, de quen foi contemporáneo, é considerado un terrible vilán.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]