Lon Chaney Jr.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de febreiro de 1906 Oklahoma City, Estados Unidos de América |
Morte | 12 de xullo de 1973 (67 anos) San Clemente, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | cirrose hepática |
Altura | 188 cm |
Actividade | |
Campo de traballo | Filme e televisión |
Ocupación | actor, actor de cinema, actor de xénero, actor de televisión |
Período de actividade | 1931 - 1971 |
Xénero artístico | Western, Cinema de terror, science fiction horror film (en) , cinema de ciencia ficción, cinema dramático, filme gótico (pt) e gothic horror film (en) |
Familia | |
Fillos | Ronald Creighton Chaney |
Pais | Lon Chaney e Frances Cleveland Creighton |
Sitio web | lonchaney.com |
|
Creighton Tull Chaney, nado en Oklahoma City o 10 de febreiro de 1906 e finado en San Clemente, California, o 12 de xullo de 1973, coñecido como Lon Chaney Jr., foi un actor estadounidense coñecido por interpretar a Larry Talbot no filme The Wolf Man (1941) e en varios crossovers, a Count Alucard (Drácula deletreado ao revés) en Son of Dracula, o monstro de Frankenstein en The Ghost of Frankenstein (1942), a momia en tres filmes e outras personaxes en numerosos filmes de terror de Universal.[1] Interpretou tamén a Lennie Small en Of Mice and Men (1939) e pequenos papeis secundarios noutros filmes de éxito. Orixinalmente foi acreditado como Creighton Chaney, dende 1935 como "Lon Chaney, Jr." e dende Man Made Monster (1941), foi case sempre acreditado co nome do seu pai, Lon Chaney, pola insistencia do estudio. A carreira de Chaney no cinema e na televisión durou entre 1931 e 1971.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chaney naceu en Oklahoma City e traballou duro para evitar estar á sombra da fama do seu pai, o actor Lon Chaney. A súa primeira aparición nun filme foi sen acreditar en Girl Crazy en 1932, e o seu primeiro traballo inmportante, aínda sen ser o protagonista, realizouno en Ave do paraíso, con Dolores del Río.[2]
En 1941, Chaney interpretou a personaxe epónima na versión de The Wolf Man para Universal Pictures, unha caracterización que o marcou o resto da súa vida. Durante os anos seguintes realizou papeis en filmes de terror, ademais de series de misterios parapsicolóxicos e papeis en filmes do oeste.
Tras deixar o estudio, traballou de xeito esporádico, en parte polo seu encadramento no cinema de terror, en parte polo seu alcoholismo, e en parte polo cancro de gorxa que o afectou durante os últimos anos da súa vida, a mesma doenza que acabou coa vida do seu pai.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Chaney casou dúas veces. A súa primeira esposa Dorothy divorciouse de en 1936 porque bebía demasiado e era fusco.[3] Casou con Patsy Beck en 1937. Tivo dous fillos coa súa primeira esposa, Lon Ralph Chaney e Ronald Creighton Chaney.
Chaney era apreciado por algúns dos seus colegas (o adxectivo que máis usaban para referirse a el aqueles que o apreciaban era "doce"), aínda que era tamén capaz de intensos odios. Por exemplo, el o seu compañeiro habitual Evelyn Ankers non se levaban ben a pesar da súa química en pantalla. Tamén era coñecido por facerse amigo de actores novos e defender os vellos que sentía que eran menospreciados polos estudios. Un exemplo foi William Farnum, grande estrela do cinema mudo que interpretou un pequeno papel en The Mummy's Curse. Segundo o coprotagonista Peter Coe, Chaney pediu que Farnum tivese a súa propia cadeira no plató e fose tratado con respecto, ou el marcharía do filme.
Chaney tivo discusións co actor Frank Reicher (a quen case estrangula fronte a cámara en The Mummy's Ghost) e co director Robert Siodmak (Chaney rompeu un floreiro sobre a súa cabeza).[4] O actor Robert Stack afirmou na súa autobiografía de 1980 que Chaney e o seu compañeiro de borracheiras Broderick Crawford eran coñecidos como "os monstros" en Universal Pictures polo seu comportamento cando estaban bébedos que con frecuencia acababa en sangue.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lon Chaney Jr., Actor, Is Dead at 67; Portrayed Monsters". New York Times. 14 de xullo de 1973. Consultado o 25 de febreiro de 2014.
Lon Chaney Jr., the film actor, died yesterday at the age of 67. A long series of illnesses had put Mr. Chaney in and out of hospitals for the last year. He was released from a San Clemente ...
- ↑ ̼"Bird of Paradise (1932): Trivia" (en inglés). IMDb.
- ↑ "Lon Chaney Jr. Is Sued for Divorce; Wed 10 Years". Chicago Daily Tribune. 26 de xuño de 1936. p. 23.
- ↑ Smith, Don G., Lon Chaney Jr.: Horror Film Star, McFarland & Co., 1996
- ↑ Stack, Robert, Straight Shooting, Macmillan Publishing Co., Inc., 1980, p. 64
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lon Chaney Jr. |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lon Chaney Jr, Horror Film Star, 1906–1973 (1996) ISBN 0-7864-1813-3
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lon Chaney Jr. Informative Biograph Arquivado 24 de agosto de 2018 en Wayback Machine.
- Chaney Jr. Applications of Make-Up Through the 1940s–1960s
- Additional Information on Chaney's Career
- Chaney, Lon Jr. Encyclopedia of Oklahoma History and Culture