[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Passeri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Oscines»)

Passeri
Páseros, paxaros cantores

Rango fósil: Eoceno temperán - actualidade

Eopsaltria australis


Canto de Spizella passerina

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Linnaeus, 1758
Familias
Sinonimia
  • Oscines

Os Passeri, páseros ou paxaros cantores (ou canoros) son un clado (ao que os autores danlle a categoría sisemática de suborde) de aves pertencentes á orde dos paseriformes. Tamén se lles chama Oscines, do latín oscen, 'paxaro cantor'. Este grupo contén unhas 4 000 especies que se encontran en todo o mundo, nas cales o seu órgano vocal (sirinxe) está moi desenvolvido e produce cantos elaborados e diversos.

Forman unha das principais liñaxes dos actuais paseriformes. Outra gran liñaxe de paxaros con capacidade de canto é a dos Tyranni (tiranos), que son máis diversos no Neotrópico e están ausentes en moitas partes do mundo, pero estes teñen unha musculatura da sirinxe máis simple, e aínda que as súas vocalizacións son a miúdo tan complexas coma as dos Passeri, teñen un son máis mecánico. Hai unha terceira liñaxe de paseriformes, os Acanthisitti (acantiisitos) de Nova Zelandia, da cal quedan hoxe tan só dúas especies viventes.[1]

Hai probas que suxiren que os Passeri eolucionaron hai 50 millóns de anos na parte do antigo continente de Gondwana que despois se convertería en Australia, Nova Zelandia, Nova Guinea e a Antártida, antes de espallárense por todo o mundo.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A canción deste clado é esencialmente territorial, xa que comunica a identidade e situación dun individuo a outros paxaros e tamén indica intencións sexuais. A selección sexual entre os Passeri está principalmente baseada en vocalizacións miméticas. A preferencia das femias nalgunhas poboacións está baseada na amplitude do repertorio de cancións do macho. Canto maior é o repertorio do macho, máis femias atraerá.[3] Non se debe confundir isto coas chamadas que usan as aves para dar alarmas e contactar co outras, que son especialmente importantes en aves que se alimentan ou migran en bandadas. Aínda que case todas as aves actuais emiten chamadas dalgún tipo, as cancións ben desenvolvidas só as poden producir os Passeri e unhas poucas liñaxes adicionais.

Outras aves (especialmente non paseriformes) ás veces teñen cancións para atraer parellas ou manter un territorio, mais estas son normalmente simples e repetitivas, carentes da variedade de moitas das cancións dos Passeri. A repetición monótona que fai o cuco común ou a poliña bastarda poden compararse coa variedade do canto do reiseñor ou da folosa palustre. Por outra parte, aínda que moitos paxaros cantores teñen cancións que son pracenteiras de oír para o oído humano, non sempre é así. Moitos membros da familia dos córvidos comunícanse grallando ou chiando con sons desagradables para os humanos. Porén, incluso estes teñen un tipo de canción, un chío baixo que cantan as parellas en cortexo. E aínda que algúns papagaios (que non son aves canoras) poden aprender a repetir a fala humana, a imitación vocal entre as aves está case completamente restrinxida aos paxaros cantores, algúns dos cales (como a ave lira ou os mímidos) son excelentes imitando sons doutras aves ou mesmo ruídos ambientais.

Repertorio de cancións e cortexo

[editar | editar a fonte]

A selección sexual sobre os cantos dos paxaros pode distorsionarse como indican varios estudos sobre diferentes aspectos das cancións das aves. Como resultado disto un canto pode variar incluso dentro dunha mesma especie. Moitos autores cren que entre o repertorio de cancións e a cognición hai unha relación directa. Porén, un estudo publicado en 2013 mostrou que non sempre as capacidades cognitivas están relacionadas directamente co repertorio de cancións dunha ave canora. Concretamente, crese que a aprendizaxe espacial ten unha relación inversa co repertorio de cancións. Así por exemplo, pode haber un individuo que non migra coma outros da especie, pero ten un mellor repertorio de cancións. Isto suxire unha solución intermedia de compromiso evolutiva entre posibles alelos. A elección dos trazos pola selección natural que son máis axeitados para o éxito reprodutivo puido ser unha solución intermedia en ambas as direccións dependendo de en que trazo se producise a maior fitness naquel período de tempo.[4]

O repertorio de cancións pode atribuírse aos machos, xa que é un dos principais mecanismos de cortexo. Os repertorios de cancións difiren dun macho a outro e dunha especie a outra. Algunhas especies poden ter grandes repertorios mentres que outras poden telos significativamente menores. A elección dos machos que fan as femias de Passeri é un importante campo de estudo, xa que as capacidades canoras están en continua evolución. Ultimamente realizáronse numerosos estudos sobre os repertorios dos paxaros cantores, pero desafortunadamente, non houbo aínda evidencias concretas que confirmen que todas as especies de paxaros cantores prefiren repertorios grandes. Pode concluírse que determinadas especies poden variar no grao en que un repertorio máis grande está ligado a unha mellor fitness. Con esta conclusión, pode inferirse que a evolución por selección natural ou selección sexual, favorece a capacidade de manter grandes repertorios nesas especies, xa que iso leva a un maior éxito reprodutivo.[3] Durante a época do cortexo, dise que os machos incrementan o seu repertorio imitando outras especies de aves. Probouse que canto mellor é a capacidade de imitación, a capacidade de retención e o número das outras especies imitadas isto ten unha relación positiva co éxito no apareamento. As preferencias das femias causan a constante mellora da exactitude e a presentación das cancións copiadas.[5]

Taxonomía e sistemática

[editar | editar a fonte]

Sibley e Alquist dividiron os paxaros cantores en dúas "parvordes" denominadas Corvida e Passerida (a práctica taxonómica estándar consideraríaas infraordes). Non obstante, posteriores estudos moleculares mostraron que este tratamento estaba errado. Os Passerida son unha ampla liñaxe, que comprende un terzo das especies de aves (3.885 especies de Passerida en 2015 [6]). Estes son subdivididos en tres grandes superfamilias (aínda que non se corresponden exactamente coa distribución que fixeron Sibley e Ahlquist), ademais dalgunhas outras liñaxes menores. En contraste, os "Corvida" de Sibley e Alquist son un grao filoxenético, e un artefacto da metodoloxía fenética. A maioría deles forman a gran superfamilia Corvoidea (812 especies en 2015 [6]), que é un grupo irmán dos Passerida. As restantes 15 familias de Oscines (343 especies en 2015[6]) forman unha serie de grupos irmáns que se ramificaron basalmente do clado corvoide-passérido.[7] Todos estes grupos, que forman polo menos seis clados basais que se ramificaron sucesivamente, encóntranse exclusivamente ou predominantemente en Australasia. Os endémicos de Australia son tamén importantes entre as liñaxes basais tanto de corvoides coma de paséridos, o que suxire que o paxaros cantores se orixinaron e diverxiron en Australia.[2]

  1. Barker, F. K.; Cibois, A.; Schikler, P. A.; Feinstein, J. & Cracraft, J. (2004): "Phylogeny and diversification of the largest avian radiation". PNAS 101 (30): 11040-11045. doi: 10.1073/pnas.0401892101
  2. 2,0 2,1 Low, T. (2014). Where Song Began: Australia's Birds and How They Changed the World. Tyre: Penguin Australia. 
  3. 3,0 3,1 Byers, B.E., and D.E. Kroodsma (2008). Female mate choice and songbird song repertoires. The Association for the Study of Animal Behavior 77: 13-22.
  4. Sewall K.B., J.A. Soha, S. Peters, and S. Nowicki. (2013). Potential trade-off between vocal ornamentation and spatial ability in a songbird. Biology Letters 9(4):2013.0344.
  5. Coleman, S.W., G.L. Patricelli, B. Coyle, J. Siani, and G. Borgia. (2007). Female preferences drive the evolution of mimetic accuracy in male sexual displays. Biology Letters 3: 463-466.
  6. 6,0 6,1 6,2 Gill F & D Donsker (Eds). (2015). IOC World Bird List (v 5.1). doi 10.14344/IOC.ML.5.1 www.worldbirdnames.org [Accessed 2015/03/26].
  7. Harshman, John. (2006). Oscines. Songbirds. Version 31 de xullo de 2006 (en construción). http://tolweb.org/Oscines/29222/2006.07.31 Arquivado 19 de setembro de 2020 en Wayback Machine. in The Tree of Life Web Project, http://tolweb.org/

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]