Coel Hen
Coel Hen ou Coel o vello (en galés: Coil) é o nome dun rei lendario das tribos celtas do norte de Inglaterra e sur de Escocia no século IV. Isto correspóndese co que os galeses chaman Yr Hen Ogledd.
Historia
[editar | editar a fonte]Coel Hen[1] era para algúns autores,[2] o derradeiro dos Duces Britanniarum con control militar no norte da Britania romana. Ao retirarse a última das lexións romanas no 407, Coel Hen mantívose como caudillo das forzas locais.[3]
O período do 410 ao 455 foi unha "Idade Escura" en Inglaterra, de anarquía tribal, guerras, fames negras e conflitos relixiosos, pese ao cal Coel Hen puido manter o reino unido. O seu territorio coñeceuse como Yr Hen Ogledd, en galés "O Vello Norte".[4]
Á súa morte, o seu reino teríase dividido entre os seus fillos ou os seus comandantes, co que gradualmente a organización tornou ás súas bases tribais históricas. Algúns deses reinos foron Gododdin, Alt Clut, Novant, Rheged, Bernicia e Elmet.
Moito tempo despois, en xenealoxías do século XII, os seus reis eran chamados Gwyr e Gogledd ("Homes do Norte")[5] e adoitaban ser considerados descendentes de Coel Hen.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Coel podería derivar do nome latino "Coelistius" o "Coellius".
- ↑ Morris (1973), pp. 17-19, 230-245
- ↑ Esa función de caudillo, acorde á situación, percíbese mesmo nalgunhas crónicas cando Coel Hen é chamado "O Protector".
- ↑ Ao sur das terras dos pictos, abarcaba os territorios ancestrais dos brigantes, votadini, novantae etc.
- ↑ Koch (2006), p. 902
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Koch, John T. (2006). Celtic Culture: A Historical Encyclopedia (en inglés). ABC-CLIO. ISBN 9781851094400.
- Morris, John (1973). The Age of Arthur: A History of the British Isles from 350 to 650 (en inglés). Nova York: Charles Scribner's Sons.
- Jackson, Kenneth (1953). Language and History in Early Britain (en inglés). Edimburgo: Edinburgh University Press.