[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Jim Henson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJim Henson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) James Maury Henson Editar o valor en Wikidata
24 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Greenville, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte16 de maio de 1990 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteSíndrome de choque tóxico
fallo orgánico Editar o valor en Wikidata
RelixiónCiência Cristã (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Maryland - graduado en ciencias (–1980)
Northwestern High School (en) Traducir (1954–) Editar o valor en Wikidata
Altura190 cm Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul agrisado Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelos castaños claros Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de televisión, guionista, animador, produtor de televisión, realizador, actor, actor de dobraxe, monicrequeiro, director de cinema, produtor de cinema, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata - 1990 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado20.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeJane Henson (1959–1990), morte Editar o valor en Wikidata
FillosLisa Henson, Cheryl Henson, Brian Henson, John Henson, Heather Henson Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001345 Allocine: 1394 Rottentomatoes: celebrity/jim_henson Allmovie: p94083 0 TV.com: people/jim-henson IBDB: 102248
BNE: XX1012425 Musicbrainz: 53d60b8a-133b-42da-bd67-e1f55ce73863 Songkick: 446710 Discogs: 130486 Allmusic: mn0000340948 WikiTree: Henson-1044 Find a Grave: 2210 Editar o valor en Wikidata

James Maury "Jim" Henson, nado o 24 de setembro de 1936, e finado o 16 de maio de 1990, foi un artista, creador de monicreques, debuxante, guionista e director estadounidense que acadou a fama internacional por ser o creador de the Muppets. Naceu en Greenville, Mississippi e criouse en Leland, Mississippi e Hyattsville, Maryland.[1]

Henson comezou a desenvolver monicreques mentres ía ó instituto. Creou Sam and Friends mentres era estudante de primeiro ano na Universidade de Maryland, un espectáculo cómico de cinco minutos que apareceu na televisión. Graduouse na Universidade de Maryland en economía, despois do cal produciu anuncios de café e desenvolveu algúns filmes experimentais. Fundou Muppets, Inc. en 1958, que se converteu en the Jim Henson Company.

Henson fíxose famoso na década de 1960 cando se uniu ó programa educativo infantil Sesame Street para desenvolver personaxes para a serie. Apareceu no programa de comedia Saturday Night Live. Produciu The Muppet Show en 1976, despois de rexeitar plans para un espectáculo de Broadway. Acadou fama polas súas creacións, especialmente Kermit the Frog, Rowlf the Dog e Epi e Blas, coas cales traballou en Sesame Street durante 20 anos. Durante os derradeiros anos da súa vida, tamén fundou Jim Henson Foundation e Jim Henson's Creature Shop. Gañou dúas veces un Emmy, polo seu traballo en The Storyteller e The Jim Henson Hour.

Henson morreu por síndrome do choque tóxico o 16 de maio de 1990 con 53 anos, 20 horas despois de experimentar unha emerxencia médica.[2][3] Foi incluído postumamente no Paseo da Fama de Hollywood en 1991, e foi escollido como unha das Disney Legends en 2011.

  1. Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica Online., ed. (2012). "Jim Henson". Encyclopædia Britannica Inc. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2012. 
  2. Altman, Lawrence (29 de maio de 1990). The New York Times, ed. "The Doctor's World; Henson Death Shows Danger of Pneumonia". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2007. Consultado o 19 de xuño de 2007. 
  3. Ryan KJ; Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4ª ed.). McGraw Hill. pp. 276–286. ISBN 0-8385-8529-9. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]