[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

John Kufuor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Kufuor

(2008) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) John Kofi Agyekum Kufuor Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1938 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Kumasi, Ghana Editar o valor en Wikidata
Presidente da Unión Africana
30 de xaneiro de 2007 – 31 de xaneiro de 2008
← Denis Sassou-NguessoJakaya Kikwete (pt) Traducir →
Presidente de Ghana
7 de xaneiro de 2001 – 7 de xaneiro de 2009
← Jerry RawlingsJohn Atta Mills →
Member of the 1st Parliament of the 3rd Republic of Ghana (en) Traducir
24 de setembro de 1979 – 31 de decembro de 1981 (disolución do parlamento)

Member of the 1st Parliament of the 2nd Republic of Ghana (en) Traducir
1 de outubro de 1969 – 13 de xaneiro de 1972 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Atwima-Nwabiagya (en) Traducir

Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónExeter College - dereito
Lincoln's Inn (en) Traducir
Osei Tutu Senior High School (en) Traducir
Prempeh College (en) Traducir
Universidade de Oxford - economía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Accra Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado, empresario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoNew Patriotic Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTheresa Kufuor Editar o valor en Wikidata
FillosJohn Addo Kufuor Editar o valor en Wikidata
IrmánsKwame Addo-Kufuor Editar o valor en Wikidata
ParentesMatthew Opoku Prempeh, sobriño
Joseph Henry Mensah, cuñado Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Papeis de Panamá Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata

John Kofi Agyekum Kufuor, nado o 8 de decembro de 1938, é un político ghanés que foi presidente da república dese país entre o 7 de xaneiro de 2001 e o mesmo día de 2009. Avogado e membro do Novo Partido Patriótico, chegou ao poder tras gañar a segunda volta das eleccións presidenciais de 2000, derrotando o candidato John Evans Atta Mills, do oficialista Congreso Nacional Democrático, e consolidando de certo xeito a democracia no seu país ao protagonizar, xunto ao seu predecesor Jerry Rawlings, o primeiro traspaso pacífico de poder entre dous presidentes de distintos partidos políticos desde a independencia de Ghana en 1957.

A carreira política de Kufuor posicíonao no lado democrático liberal da historia política de Ghana, pertencendo nos seus primeiros anos ao Partido Unido e á Convención Unida de Costa de Ouro. Foi ministro durante o goberno de Kofi Abrefa Busia, do Partido do Progreso, entre 1969 e 1972, e foi deputado do Parlamento de Ghana polo opositor Partido da Fronte Popular (Ghana) durante o goberno de Hilla Limann (1979-1981). En 1996 presentouse como candidato presidencial do Novo Partido Patriótico, sendo derrotado polo Presidente incumbente Jerry Rawlings. En 2000 Kufuor foi novamente candidato do NPP, obtendo a vitoria en segunda volta. Foi reelixido para un segundo mandato en 2004, esta vez triunfando en primeira volta. En 2008, o candidato do seu partido, Nana Akufo-Addo, foi derrotado por John Evans Atta Mills. Kufuor finalizou o seu mandato o 7 de xaneiro de 2009.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Membro da etnia ashanti, John Kufuor naceu en Kumasi, na rexión de Ashanti, o 8 de decembro de 1938, na colonia británica de Costa de Ouro, actual República de Ghana. Asistiu ao Prempeh College desde 1954 até 1958, un ano despois da independencia do seu país como un Reino da Mancomunidade. Entre 1959 e 1961 estudou no Lincoln's Inn, en Londres, e posteriormente en Exeter College, Oxford (1961-1964). No Rexistro Parlamentario da Segunda República, Kufuor cita como as súas afeccións e intereses o tenis de mesa, a lectura, o fútbol e os espectáculos cinematográficos. Casou en 1962 con Theresa Mensah, con quen tivo cinco fillos. Sería presidente do Asante Kotoko Football Club de 1988 a 1991.[1]

Inicios na política

[editar | editar a fonte]

Kufuor foi elixido deputado polo distrito de Atwima Nwabiagya (da súa rexión natal de Ashanti), en 1969, polo gobernante Partido do Progreso, cando no seu país se restaurou a democracia parlamentaria logo do derrocamento de Kwame Nkrumah e a saída do poder da ditadura militar resultante. Foi nomeado Viceministro de Asuntos Exteriores polo Primeiro ministro Kofi Abrefa Busia e representou a Ghana en varias ocasións. De 1969 a decembro de 1971 dirixiu a delegación de Ghana ante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas en Nova York, nas reunións ministeriais da Organización para a Unidade Africana en Adís Abeba e na Conferencia Cumio do Movemento de Países Non Aliñados en Lusaca. En 1970 dirixiu a delegación ghanesa ante Moscova (Unión Soviética), Praga (Checoslovaquia) e Belgrado (Iugoslavia) para discutir a débeda de Ghana con estes países.

Como Portavoz do Ministerio de Relacións Exteriores e segundo líder da oposición do Grupo Parlamentario da Fronte Popular (PFP) durante a Terceira República (1979-1981), foi invitado a acompañar ao presidente Hilla Limann á Conferencia da OUA en Freetown, Serra Leoa. Tamén foi membro da delegación parlamentaria que visitou os Estados Unidos en 1981 para falar co Fondo Monetario Internacional (FMI) e o Banco Mundial sobre os problemas económicos de Ghana.

Tras o golpe de estado que puxo fin ao goberno democrático de Limann e instaurou o réxime militar de Jerry Rawlings, en xaneiro de 1982 o liderado do Partido Popular (APP), que era unha alianza de todos os partidos da oposición, aconsellou a algúns membros destacados, entre eles o Vicepresidente da Alianza, Alhaji Iddrisu Mahama, o Secretario Xeral Obed Asamoah, e Kufuor, aceptar unha invitación do Consello Provisional de Defensa Nacional (PNDC) para servir no que se pretendía ser un Goberno Nacional. Kufuor foi nomeado Secretario de Goberno Local neste novo goberno.

Como Secretario de Goberno Local, escribiu as Guías de Políticas do Goberno Local que debían ser a base das actuais Asembleas de Distrito descentralizadas.

Primeira candidatura presidencial

[editar | editar a fonte]

Tras a restauración da democracia, en 1992, Kufuor pasou a formar parte do Novo Partido Patriótico (NPP), que se declaraba sucesor do Partido do Progreso, e que boicoteou as eleccións lexislativas logo de que o seu candidato presidencial, Albert Adu Boahen, denunciara fraude electoral nas presidenciais, nas que foi derrotado por Rawlings. En 1996, Kufuor foi nomeado candidato presidencial do NPP, logo de que 1034 de 2000 delegados votaran por el na convención do partido, derrotando a Boahen. Á diferenza das anteriores eleccións, onde o NPP se enfrontou só á "Alianza Progresista" de Rawlings, Kufuor contaba tamén co apoio do Partido da Convención Nacional, que abandonara o oficialismo, formándose a Grande Alianza.[2]

Durante a súa campaña, que durou pouco menos de nove meses, Kufuor criticou a política exterior do goberno, afirmando que esta "parecía imposta desde fóra", especialmente por institucións financeiras internacionais como o Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional, así como a introdución dun imposto ao valor engadido (IVE) sobre bens e servizos.[2]

As eleccións presidenciais realizáronse o 7 de decembro, ao mesmo tempo que as lexislativas, a fin de evitar un novo boicot opositor. Kufuor obtivo o 39.67% dos votos contra un 57.40% de Rawlings, que accedeu ao seu segundo mandato constitucional. Con todo, Kufuor obtivera unha porcentaxe significativamente mellor que o de Boahen en 1992 (un 30%), e o NPP obtivera cerca de 61 escanos parlamentarios.[2] A elección foi recoñecida como libre e xusta polos observadores, e desde ese ano, Freedom House volveu a considerar a Ghana unha "democracia electoral".

Segunda candidatura presidencial

[editar | editar a fonte]

Kufuor foi novamente elixido candidato presidencial do seu partido para as eleccións de 2000. Rawlings xa non podía presentarse a un terceiro mandato debido ao límite constitucional, e o seu partido, o Congreso Nacional Democrático, presentou a John Evans Atta Mills como candidato. A campaña viuse empanada por algúns actos de violencia esporádicos en Acra, o que levou a que tanto Kufuor como os demais candidatos asinaran a "Declaración de Osu", comprometéndose a incitar aos seus partidarios a comportarse pacificamente durante o proceso electoral. Kufuor afirmou que, se era elixido Presidente, centraríase en paliar a crise económica iniciada durante o goberno de Rawlings, e en incrementar o respecto aos dereitos humanos.[3]

Finalmente, as eleccións realizáronse o 7 de decembro. Kufuor obtivo maioría simple co 48.17% dos votos, a 1.83 puntos porcentuais de evitar unha segunda volta. En segundo lugar quedou Atta Mills cun 44.54%, debendo programarse unha segunda volta entre ambos para o 28 de decembro.[4] Con respecto ao lexislativo, o NPP obtivo maioría absoluta logo de realizarse unha elección parcial, que o deixou con 100 de 200 escanos no Parlamento.[5][6]

Na segunda volta, a participación decreceu levemente e Kufuor obtivo unha ampla vitoria, co 56.90% dos votos. O oficialismo recoñeceu a derrota, e Kufuor foi xuramentado Presidente da República de Ghana o 7 de xaneiro de 2001, sendo o primeiro traspaso de poder entre dous presidentes de distintos partidos políticos na historia de Ghana.

Presidencia

[editar | editar a fonte]

Política interior

[editar | editar a fonte]

A política interna da súa administración no primeiro período estivo marcada pola rixidez fiscal e monetaria na fronte económica, co obxectivo de estabilizar unha economía nacional que se estancara e estaba en declive. A súa visión social centrouse en liberar o potencial emprendedor, creativo e innovador dos ghaneses como un medio de crear riqueza e polo tanto lidar cos desafíos sociais cos que se enfrontaba. Esta visión socioeconómica foi encapsulada no Programa das Cinco Áreas Prioritarias, a saber, a busca dunha boa gobernanza, a modernización da agricultura para o desenvolvemento rural, a participación do sector privado, a mellora dos servizos sociais e o vigoroso desenvolvemento da infraestrutura. A súa administración recibiu a maior asistencia financeira da historia de Ghana, debido fundamentalmente á desconfianza dos doadores ante os gobernos militares anteriores, así como a aqueles con algunhas conexións militares, como os dous mandatos constitucionais de Rawlings.

No campo da saúde, o seu goberno iniciou o Plan Nacional de Seguro de Saúde para substituír o sistema existente;[7] 11 millóns de ghaneses rexistráronse baixo este esquema. Creou o Servizo Nacional de Ambulancias e construíu máis de 205 hospitais e clínicas.[8] Tamén construíu un centro de emerxencia de última xeración no Hospital de Ensinanza Komfo Anokye. O goberno de Kufuor introduciu tamén a atención materna gratuíta nos hospitais públicos para todas as mulleres embarazadas.[9]

Presentouse á reelección nas eleccións xerais de 2004, onde o seu lema de campaña foi "So far, so good", baseándose na estabilidade económica lograda baixo o seu mandato, cunha taxa de crecemento superior ao 5 por cento. O seu principal opoñente era novamente Atta Mills, quen recalcou que, a pesar da bonanza económica, aínda o 44% da poboación vivía baixo o limiar da pobreza.[10] Kufuor foi reelixido co 52% dos votos, evitando así unha segunda volta. Foi xuramentado o 7 de xaneiro de 2005 para o seu segundo mandato.

Política exterior

[editar | editar a fonte]

A política exterior de Kufuor estaba enmarcada no que el chamou "diplomacia económica". Neste contexto, en África en xeral e en África Occidental en particular, buscou unha política de boa veciñanza, que se viu reflectida nun aumento de relacións entre Ghana e Liberia, Serra Leoa, Costa do Marfil e Guinea-Bissau, entre outros estados africanos. No escenario mundial, Kufuor buscou activamente o establecemento dunha orde social e económica internacional xusta e equitativa, mentres promoveu e salvagardou os intereses de Ghana mediante acordos bilaterais e multilaterais. A súa posición internacional, sendo visto como un estadista, demócrata e portavoz crible de África expresou na súa invitación ás principais reunións e conferencias internacionais, incluída o cumio da Unión Africana, os Cumios do G8 en Sea Island, Xeorxia; e Glenneagles, Escocia, e o Foro Económico Mundial. Foi Presidente do grupo rexional da CEDEAO durante dous períodos consecutivos, 2003 e 2004.

Transición presidencial

[editar | editar a fonte]

Estando Kufuor impedido para presentarse á outra reelección, debido ao límite de mandatos, o NPP designou a Nana Akufo-Addo como o seu candidato presidencial. Atta Mills, dúas veces opoñente electoral de Kufuor, sería o seu principal contrincante. As enquisas iniciais afirmaban de antemán que sería unha elección extremadamente igualada, na cal tanto Atta Mills como Akufo-Addo tiñan posibilidades de gañar.[11] As eleccións realizáronse o 7 de decembro. Mentres que Akufo-Addo obtivo maioría simple de votos, co 49.13% (a menos dun punto de gañar en primeira volta), o NPP perdeu a maioría parlamentaria debido a que o NDC triunfou en máis circunscricións. Programouse unha segunda volta entre Atta Mills e Akufo-Addo para o 28 de decembro. Nesta, Atta Mills obtivo unha diferenza ínfima de menos de medio punto porcentual, obtendo a presidencia.[12] O principal motivo da derrota de Akufo-Addo foi o atraso da votación na circunscrición de Tain, e o posterior boicot do NPP tras denunciar que a elección en dito distrito non sería transparente, provocando que Atta Mills triunfara co 90% dos votos nesa circunscrición.[13] Kufuor recoñeceu a derrota e finalizou o seu mandato o 7 de xaneiro de 2009, entregando o cargo a Atta Mills.

Postpresidencia

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2009, meses despois de abandonar a presidencia, Kufuor converteuse en membro da Xunta Asesora Internacional da Organización de Desenvolvemento dos Países Baixos (SNV) para contribuír coa súa experiencia no traballo de redución da pobreza da organización.[14] En setembro, Kufuor falou nos Países Baixos nun evento do goberno neerlandés para celebrar "60 anos de asistencia ao desenvolvemento" por invitación do ministro de asuntos exteriores Bert Koenders, ao que asistiron case 2.000 persoas. Durante a súa visita aos Países Baixos, foi entrevistado polo xornal NRC Handelsblad e a revista Internationale Samenwerking. Avogou pola importancia dunha asistencia para o desenvolvemento eficaz, sinalando que isto axudou a Ghana a ingresar no mercado internacional de capitais.[15]

Kufuor foi elixido xunto con Luiz Inácio Lula da Silva para recibir conxuntamente o Premio Mundial de Alimentación 2011 polo seu compromiso persoal e liderado visionario mentres se desempeñaban como presidentes de Ghana e do Brasil, respectivamente, na creación e aplicación de políticas gobernamentais para aliviar a fame e a pobreza nos seus países. A fundación declarou que "os logros significativos destes dous galardoados ilustran que o liderado transformacional realmente pode lograr un cambio positivo e mellorar en grande medida a vida das persoas".[16]

O 7 de xaneiro de 2013, mentres se preparaba para asistir á cerimonia de xuramentación de John Dramani Mahama, sucesor do falecido Atta Mills, logo da súa estreita e cuestionada vitoria electoral, manifestantes do NPP cercaron a casa de Kufuor para impedirlle concorrer, baixo o argumento de que o partido decidira boicotear a xuramentación mentres os resultados estiveran sendo apelados ante a Corte. Kufuor replicou que fora invitado en calidade de expresidente, non de membro do NPP, e que de todas formas iría á cerimonia. O Servizo Policial de Ghana debeu disolver a manifestación para permitirlle a Kufuor asistir ao evento.[17]

  1. John Kufuor comesirates with Asante Kotoko
  2. 2,0 2,1 2,2 ELECTIONS HELD IN 1996 IPU
  3. First peaceful power shift is welcomed by ghanaians New York Times, 31 de decembro de 2000
  4. Ghana's Opposition is Winning National Elections New York Times, 10 de decembro de 2000
  5. "By-election Gives NPP 100th Parliamentary Seat". General News of Thursday, 4 January 2001 (Ghana Home Page). Consultado o 31 de xullo de 2007. 
  6. "Republic of Ghana Legislative election of 7 December 2000". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2007. Consultado o 27 de xullo de 2007. 
  7. "Health Insurance in Ghana". Ghana Web. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2013. 
  8. [1]
  9. Sebastian R. Freiku (9 de xuño de 2008). "KATH, Accident, Emergency Centre takes shape". Ghanian Chronicle (Kumasi: Modern Ghana). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2013. 
  10. Elections in 2004 IPU
  11. "Akufo-Addo Leads Rivals in Ghana". Angus Reid Global Monitor. 1 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2009. Consultado o 10 de decembro de 2008. 
  12. "Opposition leader wins run-off poll". BBC News. 3 de xaneiro de 2009. Consultado o 3 de xaneiro de 2009. 
  13. "Ghana vote despite party boycott". BBC News. 2 de xaneiro de 2009. Consultado o 4 de xaneiro de 2009. 
  14. "International Advisory Board" Arquivado 10 de decembro de 2014 en Wayback Machine., SNV.
  15. "Africa still needs aid -Kufuor". Ghanaweb.com. 29 de setembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2012. Consultado o 14 de maio de 2012. 
  16. "The 2011 World Food Prize Laureates". World Food Prize. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2013. Consultado o 22 de setembro de 2011. 
  17. "NPP supporters besiege Kufuor's residence – To stop him from attending Mahama's inauguration". 7 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2013. Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Jerry Rawlings
 
Presidente de Ghana
 
2001 - 2009
Sucesor:
John Atta Mills
Predecesor:
Denis Sassou-Nguesso
 
Presidente da Unión Africana
 
2007 - 2008
Sucesor:
Jakaya Kikwete