John Beazley
Nome orixinal | (en) John D. Beazley |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 13 de setembro de 1885 Glasgow, Reino Unido |
Morte | 6 de maio de 1970 (84 anos) Oxford, Reino Unido |
Educación | Balliol College, Oxford (pt) Christ's Hospital (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Arqueoloxía clásica |
Lugar de traballo | Oxford Glasgow |
Ocupación | historiador da arte, profesor universitario, arqueólogo, antropólogo, arqueólogo clásico |
Empregador | Universidade de Oxford |
Membro de | |
Alumnos | Manolis Andronicos (pt) |
Premios | |
| |
John Davidson Beazley CH , nado en Glasgow o 13 de setembro de 1885 e finado en Oxford o 6 de maio de 1970 foi un historiador da arte e arqueólogo escocés británico, que estudou a cerámica antiga clásica. Foi o encargado de crear o maior índice de cerámica grega antiga baseado en estilos artísticos.[1] [2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Despois de graduarse, Beazley pasou un tempo na British School de Atenas. Despois volveu á Universidade de Oxford como estudante e titor de Clásicos na Christ Church.
Durante a Primeira guerra mundial, Beazley serviu na intelixencia militar. Traballou na División de Intelixencia Naval. Ocupou o grao de tenente temporal desde marzo até outubro de 1916 cando foi destinado ao exército.[3] [4]
Carreira académica docente e investigadora
[editar | editar a fonte]En 1925, converteuse en profesor Lincoln de Arqueoloxía e Arte Clásicas na Universidade de Oxford, cargo que ocupou até 1956. Especializouse en cerámica decorada grega e converteuse nunha autoridade mundial no tema. Adaptou o método de historia da arte iniciado por Giovanni Morelli para asignar as "mans" (estilo) específicas a workshops (talleres) e artistas específicos, mesmo onde ningunha peza asinada ofrecía un nome, por exemplo o Pintor de Berlín, cuxa produción el distinguiu por primeira vez. Mirou o varrido da cerámica clásica, pezas máis grandes e pequenas, para construír unha historia de talleres e artistas na antiga Atenas. A primeira edición en inglés do seu libro, Attic Red-figure Vase-painters, apareceu en 1942 (en alemán como Attische Vasenmaler des rotfigurigen Stils, 1925). [5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Beazley, Sir John Davidson' (29 de marzo de 2011). "The Concise Oxford Dictionary of Archaeology". apud; enotes.com/Arch-encyclopedia.
- ↑ "Beazley, John Davidson, Sir". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2012. Consultado o 29 de marzo de 2011.
- ↑ "No. 29513". The London Gazette (Supplement): 3025. 17-3-1916.
- ↑ "No. 29774". The London Gazette (Supplement): 9648. 3-10-1916.
- ↑ James Whitley (4-10-2001). The Archaeology of Ancient Greece. ISBN 978-0-521-62733-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Beazley |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |