Itinerario de Antonino
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
O denominado Itinerario Antonino ou Itinerario de Antonino é unha recompilación de rutas do Imperio Romano. Deste itinerario soamente se conserva a copia procedente da época do emperador Diocleciano (século IV), mais suponse que foi redactado en torno ó século III.
En cada ruta identificábanse mansións (paradas de postas) coas súas correspondentes millas (sinaladas por un ou varios miliarios). Nun principio pensouse que era unha especie de guía de viaxes, mais polas súas características, semella ser feito co fin de facilitar a localización das mansións con fins recadatorios.
As vías no imperio
[editar | editar a fonte]No documento sinálanse 372 camiños con 85.000 quilómetros percorrendo todo o imperio. 34 rutas correspóndense coas provincias de Hispania.
As vías romanas na Gallaecia
[editar | editar a fonte]A Gallaecia estaba atravesada por catro vías romanas que comunicaban Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) por varios itinerarios: a vía XVII (por Chaves), a vía XVIII ou vía Nova (por Sandiás), a vía XIX (por Caldas de Reis) e a vía XX (por Brigantium). Grazas ó itinerario localizáronse gran cantidade de mansións desaparecidas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Presentación das rutas hispánicas do Itinerario de Antonino(en español), arquivado dende o orixinalArquivado 04 de decembro de 2012 en Archive.is o 4 de decembro de 2012