[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Igrexa de Santa María de Baiona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ex-Colexiata de Santa María de Baiona
Fachada oeste, ou fachada principal.
PaísEspaña
AdvocaciónSanta María
LocalizaciónBaiona
Coordenadas42°07′05″N 8°51′02″O / 42.11802778, -8.85047222
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseTui-Vigo
Arquitectura
Construciónséculo XIII (1278)[1]
Estilorománico de transición
gótico[2]
S. María de Baiona en Galicia
S. María de Baiona
S. María de Baiona
Localización de S. María de Baiona.
editar datos en Wikidata ]

A Ex-Colexiata de Santa María é un templo relixioso de estilo románico e de aspecto fortificado do século XIII situado na vila de Baiona.[3] Foi instituída colexiata polo bispo Diego de Muros I en 1482, ata 1840,[4] ano en que volveu ser igrexa parroquial.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Gravado en La Ilustración Gallega y Asturiana, 1880. Nel aparece a cuberta da porta, que foi retirada en 1901.

Está dividida en tres naves coa súa ábsida rectangular. A nave principal lembra o estilo cisterciense do mosteiro de Santa María de Oia. As fiestras son románicas e ten na fachada un rosetón románico.

No ano 1659 fíxose a sancristía engadíndoa polo exterior á absidiola norte e en 1695 construíronse as capelas laterais.

O retablo barroco foi construído en 1726 por Antonio del Villar.

En 1841, trasladáronse ó adro varios cruceiros de distintos estilos que estaban espallados polas rúas da vila.[3]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Viaje a Galicia (1745) Martín Sarmiento.
  2. Cegarra Martínez, Basilio (1999). VI. Guía e rutas da arte. Pontevedra, p. 115. Editorial Galaxia, Vigo.
  3. 3,0 3,1 Concellería de Turismo - Concello de Baiona. "Santa María de Baiona". Consultado o 12/11/2014. 
  4. Santa María de Baiona Arquivado 08 de novembro de 2014 en Wayback Machine. Diocese de Tui-Vigo.
  5. Lampérez y Romea, Vicente (1910) [1909] Boletín de la Sociedad Española de Excursiones vol. XVIII (Primer trimestre), pp. 44-49.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Wikisource
Wikisource
Wikisource posúe escritos orixinais acerca da: Igrexa de Baiona (en castelán)

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]