Iga
- Para a inmunoglobulina ver IgA.
伊賀市 (ja) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Xapón | ||||
Prefecturas | Prefectura de Mie | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 85.883 (2020) (153,85 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 558,23 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de novembro de 2004 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | city.iga.lg.jp | ||||
Iga (伊賀市, いがし, Iga-shi) é un concello xaponés da prefectura de Mie. Está situado ao norte da prefectura, na área da provincia histórica de Iga, ao sur da rexión de Chūbu, ao oeste da rexión de Tōkai e ao leste da rexión de Kinki, no centro da illa de Honshu. Ten 558,17 km² de superficie, unha poboación de 98.796 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 177 hab./km².
O concello de Iga limita cos concellos de Nabari, Tsu, Kameyama (que son da prefectura de Mie); Nara, Yamazoe (que son da prefectura de Nara); Minamiyamashiro (que é da prefectura de Kyoto); e Kōka (este último é da prefectura de Shiga).
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade de Iga foi fundada pola fusión do concello da cidade de Ueno, dous concellos de vilas (Iga e Ayama), dous concellos de aldeas (Ōyamada e Shimagahara) do distrito de Ayama e un concello de vila (Aoyama) do distrito de Naga no ano 2004.
Turismo e lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Museo de Ninja de Iga (伊賀流忍者博物館, Iga-ryū Ninja Hakubutsukan, Museo de ninja da escola de Iga).