[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Imperio Aqueménida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Imperio Persa»)
Modelo:Xeografía políticaImperio Aqueménida
𐎧𐏁𐏂 (peo) Editar o valor en Wikidata

EpónimoDinastía aqueménida Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 30°N 40°L / 30, 40
CapitalBabilonia
Susa
Persépole
Pasárgada (pt) Traducir
Ecbatana Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación17.000.000 (500 a. C.) Editar o valor en Wikidata (3,09 hab./km²)
Lingua usadaLingua persa antiga
Lingua elamita
Lingua babilonia
Grabar
Lingua exipcia
lingua lidia
Grego antigo
Língua meda (pt) Traducir
arameo imperial
Lingua sumeria
lingua acadia
lingua armenia Editar o valor en Wikidata
RelixiónZoroastrismo, relixión en Mesopotamia, xudaísmo, Relixión exipcia antiga e Relixión da Grecia antiga Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie5.500.000 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación c. 550 a. C.Cronologia média (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Disoluciónc. 330 a. C. Editar o valor en Wikidata
Sucedido porReino de Macedonia, XXVIII dinastia egípcia (pt) Traducir e Sogdiana Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía
Teocracia Editar o valor en Wikidata
MoedaDárico Editar o valor en Wikidata

O Imperio Aqueménida[1] (en persa antigo: 𐎧𐏁𐏂𐎶; translit: Xšāça e traducible como "O Imperio"), tamén coñecido como o Primeiro Imperio Persa,[2] foi un antigo imperio persa do oeste de Asia fundado por Ciro o Grande.

Imperio persa no ano 490 a. C.
Imperio persa no ano 490 a. C.

O imperio persa iniciouse co reinado de Ciro I (550 a 529 a.C.) que uniu as tribos persas contra os medos. Ciro I, despois de conquistar a Media, conquistou toda a rexión do Oriente Medio nun imperio que ía dos límites do Irán actual até a Turquía. O seu fillo, Cambises II (529 a 522 a.C.), conquistou o Exipto e a Libia, porén o final do seu reinado marcouse por diversas revoltas. Cambises morreu no 522 a.C. O seu sucesor foi Darío I (-521 o 486 a.C.), que dilatou as fronteiras do imperio máis aínda coa anexión do río Indo e doutras rexións na Asia. Foi neste reinado cando ocorreu a primeira guerra médica, nas que se enfrontaron gregos e persas. Estas guerras remataron coa expansión persa no 490 a,C. trala derrota en Maratón.

A primeira guerra médica tivo lugar durante o goberno de Darío I, aínda que foi feita unha reforma na administración do Imperio coa creación das Satrapías (gobernadas polos Sátrapas) e tamén se construíu a Estrada Real, que ía de Susa (no Irán) até Sardes (na Turquía). Despois disto, o imperio foi gobernado por Xerxes I (do 485 o 465 a.C.). No seu reinado tivo lugar a segunda guerra médica contra os gregos, na que os persas foran derrotados novamente. Tras Xerxes houbo outros emperadores que soportaron diversas revoltas que apuntaban á decadencia do Imperio Persa e que foi finalmente derrotado e anexado por Alexandre o Grande no 331 a.C..

Economía

[editar | editar a fonte]

A Economía Persa baseouse en comercio predominantemente terrestre. Cun extenso territorio, a construción de estradas acabou por beneficiar o comercio, así como a padronización de pesos e medidas realizada co intento de facilitar a cobranza de impostos. A pesar de contaren coa frota fenicia e con bos portos, o comercio marítimo foi pouco explorado. A cuñaxe de moedas comezou efectivamente no reinado de Darío I, porén os soberanos preferían acumular metais a cuñar moedas.

Relixión

[editar | editar a fonte]

A relixión persa, ao principio, era politeísta. Por volta de -1200, coas predicacións de Zoroastro, a relixión tornouse dualista. O ben era representado por Ahura Mazda, e o mal era representado por Ahri Man. Non existían templos nin cultos, a representación do deus estaba simbolizada co fogo eterno, que se acendía en torres e colocábase no cume de torres dos mortos. Non existía rituais de enterramento, construíanse torres e nelas ficaban os corpos até pereceren.

  1. Definición de aqueménida no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Sampson, Gareth C. (2008). The Defeat of Rome: Crassus, Carrhae and the Invasion of the East. Pen & Sword Books Limited. p. 33. ISBN 978-1-84415-676-4. Cyrus the Great, founder of the First Persian Empire (c. 550–330 BC). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]