Huanjing
Huanjing (medio ambiente), abreviadamente HJ, é o nome dunha serie de satélites artificiais chineses adicados á observación da Terra, para a busca de recursos e apoio en situacións de catástrofe natural. Son operados polo CRESDA (China Centre for Resources Satellite Data and Application).[1][2][3][4][5][6]
HJ 1A e 1B
[editar | editar a fonte]Os HJ 1A e 1B foron lanzados a bordo do mesmo foguete CZ-2C o 6 de setembro de 2008. Proporcionan imaxes cunha resolución de entre 3 e 100 m rango óptico, co HJ 1A levando ademais unha cámara hiperespectral e o HJ 1B unha cámara no infravermello. O satélite HJ 1A leva tamén a carga SMMS (Small Multi-Mission Satellite), colaboración entre varios países da zona de Asia-Pacífico.[1][3]
HJ 1C
[editar | editar a fonte]HJ 1C é o compoñente de radar do conxunto de satélites HJ 1. O satélite usa un radar en banda S para obter imaxes da superficie terrestre. Despois do lanzamento, o 18 de novembro de 2012 a bordo un CZ-2C, a antena sufriu algún problema, co que a resolución das imaxes era inferior á esperada. Como solución os operadores do satélite baixaron a órbita para obter mellores imaxes.[2][4]
HJ 2A e 2B
[editar | editar a fonte]HJ 2A e 2B, lanzados o 27 de setembro de 2020 a bordo dun CZ-4B, son satélites ópticos cunha resolución de 16 m en modo multiespectral e 48 m en modo hiperespectral e infravermello. Xunto con Gaofen 1 e Gaofen 6 forman unha constelación coorbital.[5]
HJ 2E e 2F
[editar | editar a fonte]HJ 2E e 2F, lanzados o primeiro o 13 de outubro de 2022 e o segundo o 8 de agosto de 2023, ambos mediante foguetes CZ-2C, son satélites de radar en banda S para observación terrestre. Poden proporcionar imaxes en radar independentemente do tempo atmosférico con resolucións de entre 3 e 100 m.[6]
Misións FY
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3][4][5][6] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6] | Notas[1][2][3][4][5][6] |
---|---|---|---|
HJ 1A | 6 de setembro de 2008 | CZ-2C | |
HJ 1B | 6 de setembro de 2008 | CZ-2C | |
HJ 1C | 18 de novembro de 2012 | CZ-2C | |
HJ 2A | 27 de setembro de 2020 | CZ-4B | |
HJ 2B | 27 de setembro de 2020 | CZ-4B | |
HJ 2E | 13 de outubro de 2022 | CZ-4B | |
HJ 2F | 8 de agosto de 2023 | CZ-2C |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "HJ 1A, 1B" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2020). "HJ 1C" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "HJ 1A, 1B (SMMS 1)" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "HJ 1C" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2023.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "HJ 2A, 2B" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2023.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "HJ 2E, 2F" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2023.