Hockey Club Monza
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
H.C. Monza | |
---|---|
Cidade | Monza, Italia |
Historia | 1933-2004 |
Fundado | 1933 |
Pavillón | Palazzetto di Biassono |
Títulos | |
Copa CERS | 1 (1989) |
Campionatos de Italia | 7 (1951, 1953, 1956, 1961, 1965, 1966 e 1968) |
Copas italianas | 3 (1984, 1984 e 1989) |
Cores | Vermello e branco |
O Hockey Club Monza foi un equipo de hóckey a patíns da cidade de Monza, Lombardía (Italia).
Historia
[editar | editar a fonte]O Hockey Club Monza foi fundado por Ambrogio Mauri e Gianni Redaelli en 1933 baixo o nome de Skating Hockey Club Monza. Contra 1936 a pista de xogo era unha pista ao aire libre na via Boccaccio de Monza, o a via Ardigò de MOnza e o palazzetto de Biassono.
En 1997 o club cesou a súa actividade no hóckey a patíns para adicarse ao hóckey liña ata a tempada 2003-04, cando cesou definitivamente a súa actividade.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Algúns dos xogadores máis destacados que vestiron a camisola branca e vermella foron: Kullmann, Massironi e os irmáns Castoldi, Gelmini, o portugués António Livramento (un dos mellores xogadores de tódolos tempos), o porteiro Citterio e, máis recentemente, Federico Paghi, Massimo e Enrico Mariotti e Pino Marzella.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 7 Campionatos de Italia: 1951, 1953, 1956, 1961, 1965, 1966 e 1968
- 3 Copas italianas: 1984, 1984 e 1989
- 1 Copa CERS: 1989
- 1 Copa das Nacións: 1946
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |