[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Kirk Douglas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKirk Douglas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(yi) איסר דניאלאָוויטש Editar o valor en Wikidata
9 de decembro de 1916 Editar o valor en Wikidata
Amsterdam, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de febreiro de 2020 Editar o valor en Wikidata (103 anos)
Beverly Hills, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWestwood Village Memorial Park Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Françoise SaganJacques Deray (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaHollywood
Amsterdam (pt) Traducir
Nova York Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo conservador Editar o valor en Wikidata
EducaciónAmerican Academy of Dramatic Arts (–1941)
St. Lawrence University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación e Produción de cinema Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Nova York
Hollywood
Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprodutor de cinema, actor, actor de teatro, realizador, filántropo, produtor, militar, soldado, guionista, actor de televisión, autor, actor de cinema, director de cinema, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoSéculo XX Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1946 Editar o valor en Wikidata - 2008 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoWéstern e neo soul Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rango militarTenente Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaDouglas family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAnne Buydens (1954–2020), morte da persoa
Diana Douglas (1943–1951) Editar o valor en Wikidata
FillosMichael Douglas
 () Diana Douglas
Joel Douglas
 () Diana Douglas
Peter Douglas
 () Anne Buydens
Eric Douglas
 () Anne Buydens Editar o valor en Wikidata
PaisHarry Danielovitch Editar o valor en Wikidata  e Bertha Sanglel Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webkirkdouglas.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000018 Allocine: 2657 Rottentomatoes: celebrity/kirk_douglas Allmovie: p88133 94234 TV.com: people/kirk-douglas IBDB: 38399
BNE: XX956414 Dialnet: 1697448 Musicbrainz: ade1dabe-417f-4d8f-9a1f-33812421c944 Songkick: 3516546 Discogs: 1210474 WikiTree: Danielovitch-1 Find a Grave: 206856695 Editar o valor en Wikidata

Issur Danielovich Demsky, coñecido como Kirk Douglas, nado en Amsterdam, Nova York o 9 de decembro de 1916 e finado en Beverly Hills, California o 5 de febreiro de 2020, foi un actor e produtor de cine estadounidense de orixe xudía belarusa. Foi o pai do actor e produtor Michael Douglas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus pais eran xudeus belarusos e o seu nome orixinal, Issur Danielovich Demsky. Dende cativo destacou nos deportes e nas lides actorais. Graduouse en Letras na Universidade de St. Lawrence. Logo de se graduar marchou a Nova York, onde conseguiu unha bolsa na Academia Americana de Arte Dramática, onde permaneceu ata 1939, con 23 anos.

En 1941, ingresa grazas a Lauren Bacall en Broadway, pero logo é chamado ó servizo militar na mariña, que cumpre en 1942 e 1943, para logo regresar a Broadway. En 1946, ós 30 anos e xa cunha certa fama colleitada en Broadway, Lewis Milestone propono como primeiro actor no filme The Strange Love of Martha Ivers, onde se revela como un actor de carácter.

En 1949, interpreta un boxeador en Champion de Mark Robson onde pola súa realista interpretación é proposto para ser recoñecido como Mellor Actor na Academia. Foi proposto en tres ocasións para un Óscar da Academia aínda que nunca o gañou. Porén foi galardoado en 1996 cun oscar honorífico pola súa dilatada carreira de 76 filmes.

Moitos filmes que interpretou son épicos pero o que máis o destaca é Spartacus de Stanley Kubrick xunto coa non menos maxistral actuación de Peter Ustinov.

A súa fama é comparable á de actores como Sir Laurence Olivier e Anthony Quinn, deu a cada un dos seus filmes unha marca distintiva onde a forza das súas actuacións daban a cada filme renome. Ademais codirixiu varias películas e sostivo un singular preito con Kubrick pola produción dalgunhas das súas películas o que lle restou forza en Hollywood.

Interveu tanto en comedias coma en dramas e representou personaxes duros pero de fondo moi vulnerable. Participou en numerosas producións para televisión e en 1988 publicou a súa autobiografía (The Ragman's Son).

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]