[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

KK Dynamic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dynamic Balkan Bet
Información xeral
Nome Košarkaški klub Dynamic
Кошаркашки клуб Динамик
Liga KLS
Fundación 2015
Cores           Laranxa, negro
Presidente Velibor Jojić
Adestrador Saša Nikitović
Localización
Cidade Belgrado, Serbia
Pavillón Hala Ranko Žeravica
Capacidade 5 000
Inauguración 1968
kkdynamic.rs

O Košarkaški klub Dynamic (en serbio cirílico: Кошаркашки клуб Динамик), tamén coñecido por motivos de patrocinio como Dynamic Balkan Bet. é un club profesional de baloncesto serbio. Actualmente compite na Košarkaška liga Srbije, a máxima categoría do baloncesto serbio. O Dynamic xoga os seus partidos como local na Hala Ranko Žeravica, un pavillón inaugurado en 1968 con capacidade para  0500 espectadores.

O Košarkaški klub Dynamic foi fundado en marzo de 2015 en Belgrado, capital de Serbia. Un dos seus fundadores foi Miroslav Nikolić, ex-adestrador de equipos como o Partizan, Crvena zvezda ou Budućnost.[1] No seu debuta na Segunda División de Serbia foi quen de ocupar o primeiro lugar, ascendendo á Primeira División para a temporada 2016−17.[2] Foi, ademais, un dos equipos que competiron na primeira edición da Segunda División da Liga do Adriático.

Ano a ano

[editar | editar a fonte]
Ano Nivel Liga Pos. Post. V–D Copa Liga do Adriático Competicións europeas
2015–16 2 KLS 2 1 21–5
2016–17 1 KLS 3 SL (5º) 25–15 CF
2017–18 1 KLS 2 CF 17–15 CF ABA Liga 2 10 8–14
2018–19 1 KLS 3 SL (3º) 25–11 CF ABA Liga 2 5 12–10
2019–20 1 KLS 5 Canc. 16–10 CF ABA Liga 2 Canc. 8–14
2020–21 1 KLS 4 NC 16–14
2021–22 1 KLS 5 CF 18–14

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]