Fernando Blanco Álvarez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 (64/65 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fernando Blanco.
Fernando Xavier Blanco Álvarez, nado en Lugo en 1959, é un político galego do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballador de Telefónica. Ocupou o cargo de Conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. Foi portavoz do BNG no concello de Lugo e na Deputación provincial de Lugo. Nas eleccións galegas celebradas o primeiro de marzo de 2009, encabezou a lista luguesa do BNG ao parlamento. O 5 de outubro de 2011 dimitiu como deputado logo de que Jorge Dorribo, propietario de Nupel, o vinculara con supostos pagos ilegais, no marco da Operación Campión.[1] Blanco perdeu a condición de aforado para ser xulgado o antes posible e demostrar a súa inocencia. Ditas acusacións de Jorge Dorribo nunca foron demostradas. En 2018 foi arquivada a súa causa.[2]
Predecesor: Juan Rodríguez Yuste |
Conselleiro de Innovación e Industria 2005 - 2009 |
Sucesor: Xavier Guerra |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dimite Fernando Blanco tras as acusacións pola operación Campeón". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2011. Consultado o 05 de outubro de 2011.
- ↑ http://praza.gal/politica/17872/fernando-blanco-pide-reflexion-sobre-o-uso-politico-da-xustiza-tras-sete-anos-de-imputacion/