Ferberita
Ferberita | |
---|---|
Fórmula química | FeWO4 |
Clase | Óxido |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Cor | Negro, gris escuro |
Brillo | Semimetálico, mate |
Dureza | 4 - 4,5 (escala de Mohs) |
Fractura | Irregular |
Exfoliación | Perfecta |
Raia | Parda escura, negra |
Densidade | 7,6 g/cm³ |
A ferberita é un mineral de tungsteno e ferro de fórmula química FeWO4. O seu nome provén de Rudolph Ferber, mineraloxista afeccionado, que encontrou en 1863 este mineral en Serra Almagrera (provincia de Almería).
Propiedades
[editar | editar a fonte]A ferberita é un mineral negro ou gris escuro cuxa composición química é FeO 23,65 % e WO3 76,35 %. Como impurezas pode conter niobio, tántalo e escandio. Funde facilmente e é soluble tanto en ácido clorhídrico como en ácido sulfúrico.
É da mesma serie que a hübnerita, pero mentres esta última é o extremo rico en manganeso, a ferberita encóntrase no extremo rico en ferro. Entre ambos está a volframita, que contén tanto ferro como manganeso en proporcións variables entre o 20% e o 80%. Dos tres membros da serie, a ferberita é a máis rara.
Morfoloxía e formación
[editar | editar a fonte]Preséntase como cristais tabulares e prismáticos, e tamén como agregados masivos e granulares. Tipicamente áchase canda a pegmatitas o en vetas hidrotermais de altas temperaturas.
Depósitos
[editar | editar a fonte]É un mineral bastante raro. Ademais do depósito situado en Serra Almagrera (Cuevas de Almanzora), existen depósitos no val de Rankach (Wolfach, Alemaña) e en Les Chaillats (Puy-de-Dôme, Francia). Tamén hai depósitos en Bolivia, en lugares como Llallagua (Departamento de Potosí) e Huanuni (Departamento de Oruro), e encontráronse bos exemplares na Mina de Panasqueira, unha mina de volframio en Castelo Branco, Portugal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ferberita |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ferberita (Mindat.org) (en inglés)
- Ferberite mineral data (Webmineral) (en inglés)
- Handbook of Mineralogy Arquivado 03 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)