[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Fonoautógrafo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fonoautógrafo de 1857, primeiro invento capaz de rexistrar son.

O fonoautógrafo foi o primeiro dispositivo capaz de gravar son, gravándoo en forma dunha liña nun soporte que constaba dun cilindro con fume dunha lámpada, aínda que despois era imposible reproducilo, pero aínda así este artefacto serviu para ver que era posible o rexistro do son, como tamén se usou para experimentos no campo da acústica.

Este artefacto foi o primeiro dispositivo capaz de gravar sons, inventado polo francés Leon Scott e patentado o 25 de marzo de 1857. Podía transcribir son a un medio visible, pero non tiña forma ser reproducido despois. O aparato consistía dun corno ou un barril que recollía as ondas cara a unha membrana ao que se ataba un estilo. Cando chegaba o son, este vibraba e movíase e o son podía gravarse nun medio visible. Inicialmente, o fonoautógrafo gravaba nun cristal afumado. Unha versión posterior usaba un papel tamén afumado enrolado nun tambor ou cilindro. Outra versión debuxaba unha liña representando o son nun rolo de papel. O fonoautógrafo era considerado como unha curiosidade de laboratorio para o estudo da acústica. Era usado para determinar a frecuencia dun ton e para estudar o son e a fala. Non se entendeu até despois do desenvolvemento do fonógrafo que a onda gravada polo fonoautógrafo era de feito unha gravación do son que só necesitaba un medio de reprodución adecuado para soar.

Fonoautograma de 1860 por Leon Scott, a primeira gravación reproducible e recoñecible da voz humana coñecida.

No 2008, estudosos da historia do son americanos reproduciron por primeira vez o son gravado por un fonoautógrafo.[1][2][3]

O equipo logrou ter acceso aos papeis con gravacións do fonoautógrafo de Leon Scott que estaban gardados na oficina de patentes da Académie des Sciences francesa. Escanearon o papel en relevo cun sofisticado programa de ordenador desenvolvido anos antes pola Biblioteca do Congreso estadounidense. As ondas do papel foron traducidas por un ordenador a sons audibles e recoñecibles. Un deles, creado o 9 de abril de 1860 resultou ser unha gravación de 10 segundos (de baixa fidelidade pero recoñecible) de alguén cantando a canción popular francesa "Au Clair de la Lune". Este "fonoautograma" é a primeira gravación de son coñecida así como a primeira gravación que é, empiricamente, re-producible. Moi anterior á gravación dun reloxo parlante de Frank Lambert e a dun concerto de Haendel realizada pola Compañía de Fonógrafos de Edison, que datan de dúas e tres décadas despois, respectivamente.[4]

  1. Jody Rosen (27 de marzo de 2008). "Researchers Play Tune Recorded Before Edison". New York Times. 
  2. El primer sonido jamás grabado Arquivado 10 de xullo de 2009 en Wayback Machine., en público.es. Publicado o 28/03/2008
  3. Un francés consiguió grabar sonido 17 años antes que Edison, en El País, 28/3/2008.
  4. Fonoautógrafo de 1860 La muerte geométrica de Sócrates

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]