[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Fouce e martelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A fouce e martelo tal como na bandeira soviética

A fouce e martelo (☭) é un símbolo historicamente empregado para representar ós traballadores, e de xeito máis particular e estendido ó comunismo e ós partidos políticos comunistas.

Deseño e simbolismo

[editar | editar a fonte]

O deseño presenta unha fouce sobreposta a un martelo, de forma que semellan cruzados ou entrelazados. As dúas ferramentas simbolizan, respectivamente, o proletariado industrial e o campesiñado; as dúas clases cuxa alianza é considerada fundamental polos marxistas-leninistas para o triunfo da revolución socialista.

Primeiros usos

[editar | editar a fonte]

O uso das dúas ferramentas para simbolizar os traballadores foi empregado décadas antes da Revolución de outubro, por exemplo en moedas chilenas da última década do século XIX e primeira década do XX.[1]

O emblema é máis coñecido por ter sido incorporado á bandeira vermella da URSS, así como a cada unha das súas repúblicas constituíntes, cabo da Estrela vermella.

Uso soviético e ruso

[editar | editar a fonte]

Dende 1917, coa Revolución Rusa, a fouce e martelo (en ruso, серп и молот, serp i molot) tornouse un dos símbolos da República Socialista Soviética Federada de Rusia (RSFSR). Inicialmente, era utilizada tan só no escudo da república, xa que a unión entre obreiros e campesiños fora declarada a base do Estado, e nos símbolos do Exército Vermello (creado no 1918).

Máis tarde, foi incorporado á bandeira da Unión Soviética, adoptada en 1923 e oficializada na Constitución Soviética de 1924, así como nas bandeiras das repúblicas soviéticas a partir de 1924. Antes diso, as bandeiras das repúblicas soviéticas xeralmente eran vermellas, co nome da respectiva república escrito en dourado , tal como estabelecía a Constitución Soviética de 1918.

  • O escudo de armas da Unión Soviética e os escudos das repúblicas soviéticas empregaban a fouce e martelo, como no emblema do uniforme e dos uniformes dos soldados do Exército Vermello e en diversos outros distintivos.
  • A fouce e martelo sobreposta a un par de ás estilizadas era o logo da compañía aérea nacional soviética, a Aeroflot. Mesmo após a fin da URSS, a actual Aeroflot de Rusia continúa a utilizar o símbolo.
  • Serp i Molot é o nome da planta metalúrxica de Moscova.
  • Serp i Molot é o nome dunha estación ferroviaria de Kursk.

Os partidos comunistas afiliados ó Komintern e ó Kominform (que seguían a orientación de Moscova), e aínda os que se aliñaban a Pequín após o cisma sino-soviético, tenden a empregar a fouce e martelo ou emblemas similares nas súas simboloxías. Mentres, até mesmo partidos comunistas opostos tanto ás directrices da Unión Soviética como da China empregaban a fouce e martelo como símbolo (a pesar de, por veces, faceren leves modificacións estilísticas no deseño). Así, a fouce e martelo tornouse símbolo universal do comunismo, independentemente da orientación da tendencia ideolóxica

Partidos políticos

[editar | editar a fonte]

En diversos países do mundo, a fouce e martelo é de uso exclusivo dos partidos políticos comunistas, adoptado pola inmensa maioría deles. Aínda que tamén algúns partidos comunistas abandonaron ou nunca utilizaron este símbolo.

Outros símbolos similares

[editar | editar a fonte]
Bandeira de Angola en 1975.
Bandeira da RDA cun martelo, compás e trigo

Algúns símbolos comunistas gardan semellanza estilística ou formal coa fouce e martelo, sen necesariamente representar unha fouce e un martelo. Exemplos disto aparecen na bandeira de Angola, no logotipo do Partido Comunista Português, do Partido Comunista dos EEUU, e nalgunhas representacións do logo da central sindical británica Transport and General Workers Union.

Outras variacións sobre o mesmo tema de ferramentas cruzadas inclúen o símbolo do Partido dos Traballadores Coreanos (martelo, pincel e fouce), o antigo símbolo do Partido Laborista Británico (espada, pa e aixada), e o símbolo da picaraña e fusil da Albania comunista.

As correntes ideolóxicas trotskistas, principalmente as organizadas sobre a IV Internacional, utilizan unha versión invertida da fouce e martelo.

O escudo de Austria mostra unha aguia apreixando unha fouce nunha garra e un martelo na outra, sen cruzalos. A pesar de non teren ningunha relación co comunismo, o deseño fíxose para representar obreiros e campesiños, as dúas principais clases sociais na sociedade austríaca na época da súa concepción.

No Unicode, o símbolo "fouce e martelo" obtense polo código U+262D ().

  1. "Moeda chilena". BP. Consultado o 3-6-2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]