Estación de Barcelona-Sagrera
Barcelona-Sagrera | |
---|---|
Situación | Barcelona |
Servizos | |
Intermodalidade | |
Metro | |
Bus | por confirmar |
A estación de Barcelona-Sagrera ou Sagrera-TAV é unha estación de ferrocarril actualmente en construción na cidade de Barcelona. A estación situarase no barrio de La Sagrera, un dos que conforman o distrito barcelonés de Sant Andreu, preto da estación de proximidades e os talleres de Sant Andreu Comtal. Por mor da proximidade entre estas dúas estacións, Sant Andreu Comtal situarase máis lonxe cara ao norte e aproveitarase para remodelala.
A apertura da estación está prevista para 2016, cun custo total de 667 millóns de euros, que pagará o Ministerio de Fomento. Non só é necesario construír a estación, senón conectala coa Barcelona-Sants, cuxo túnel de conexión está actualmente en construción, e conectala coa L.A.V. Barcelona-Fronteira francesa.
A nova estación
[editar | editar a fonte]A nova estación da Sagrera, ocupará unha superficie de 320.000 m², estará soterrada e será un intercambiador organizado en diversos niveis onde confluirán os servizos do AVE e TGV, longa distancia, rexionais, dúas liñas de proximidades, liñas 4, 9 e 10 do Metro e autobuses urbanos e interurbanos.
Primeiro nivel
[editar | editar a fonte]No primeiro nivel situarase o vestíbulo da alta velocidade con zona comercial e despachos de billetes. Tamén estará o gran patio de conexións, o corazón intermodal da estación, co acceso principal desde o lado montaña de La Sagrera.
Segundo nivel
[editar | editar a fonte]No segundo estarán as plataformas de 400 metros de longo das 10 vías do AVE, a estación de buses e o viario soterrado para vehículos.
Terceiro nivel
[editar | editar a fonte]Na terceira planta situarase o vestíbulo de rodalies con dous niveis. Un, con entrada desde o lado mar do parque de Sant Martí e conexión coas plataformas do AVE. Outro, e principal, con acceso aos trens a través dun gran atrio e espazo comercial e de despachos de billetes. Neste nivel situaranse así mesmo os catro aparcadoiros previstos con 2.500 prazas e o acceso ao vestíbulo das liñas de metro.
Cuarto nivel
[editar | editar a fonte]Na cuarta e última planta colocaranse as catro plataformas de 240 metros con oito vías de ancho ibérico para as liñas R1 (L'Hospitalet-Mataró), a R2 (Sant Vicenç de Calders-Maçanet-Massanes) e a liña rexional R11 (Barcelona-Cerbère).
Outros transportes
[editar | editar a fonte]A estación da Sagrera contará ademais cunha gran estación de autobuses interurbanos que absorberá parte do tráfico doutras terminais como a Estación do Norte situada xunto á estación de Arc de Triomf. Esta zona servirá para conectar co metro, que discorrerá baixo a rúa de Josep Soldevila e do viario soterrado de coches. Encima do intercambiador entre o tren e o metro estará a terminal de bus (no lado mar), con 22 plataformas e 15.000 metros cadrados. O proxecto complétase con 75.000 m² destinados a aparcadoiro de vehículos privados (2.800 prazas).
Máis ca unha estación
[editar | editar a fonte]Á parte da construción da estación, as obras proporcionarán un hotel de luxo, numerosas areas verdes e novas oficinas. Aprovéitase todo o corredor ferroviario para crear encima un novo parque de 3,5 quilómetros de lonxitude. Unha actuación que mellorará a comunicación entre os distritos de Sant Andreu e Sant Martí. O proxecto tamén prevé a construción de 9.000 novas vivendas, cuxo 43 por cento será de protección oficial, o cal significará un incremento de poboación na zona duns 25.000 habitantes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial sobre a estación en www.bcn.es Arquivado 06 de novembro de 2008 en Wayback Machine. (en catalán)
- Páxina da estación de Barcelona-Sagrera (en catalán)