[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Estación da Ponte Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Ponte Taboada
Estación da Ponte Taboada.
SituaciónSilleda

A Ponte Taboada é un apeadoiro ferroviario de Adif situado no lugar da Estación, parroquia de Taboada, no concello de Silleda, provincia de Pontevedra. Na actualidade ningún tren efectúa parada nesta estación, malia isto, foi recentemente restaurada e recuperada do paso do tempo.

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 325,242 da liña férrea de ancho convencional que une Zamora coa Coruña a 383 metros de altitude,[1] entre as estacións de Lalín e A Bandeira. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

A estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O CarballiñoSantiago de Compostela da liña férrea que tiña como obxectivo unir Zamora coa Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que nacera en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004, Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é o titular das instalacións ferroviarias.

A estación

[editar | editar a fonte]

O edificio de viaxeiros, construído en pedra, está formado por un corpo central de dous pisos ao que se anexa unha torre de tres pisos. Conta con dúas plataformas laterais aos que acceden dúas vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Ponte Taboada Euroferroviarios
  2. "Ourense á Santiago de Compostela". Spanish Railway (en castelán). Consultado o 2022-09-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]