[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Estádio Governador Plácido Castelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estádio Castelão»)
Arena Castelão
Estádio Governador Plácido Castelo
Datos
Coordenadas3°48′26″S 38°31′21″O / -3.807267, -38.522481
Localización Fortaleza, Brasil
AlcumeCastelão
Gigante da Boa Vista
Construción
Inauguración11 de novembro de 1973
Renovación23 de xaneiro de 2013
ArquitectoJosé Liberal de Castro
Gehard Ernst Borman
Reginaldo Mendes Rangel
Marcílio Dias de Luna
Ivan da Silva Britto
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 × 68
Capacidade67.037
Asist. máxima118.496 (27/08 de 1980)
Brasil Brasil 1 - 0 Xapón Xapón
PropietarioEstado do Ceará
OperadoraEstado do Ceará
LocalíaCeará Sporting Club
Ferroviário Atlético Clube
Webhttp://arenacastelao.com/site/index.php
Eventos
Copa Confederacións Brasil 2013
Mundial de Fútbol Brasil 2014
editar datos en Wikidata ]

O Estádio Governador Plácido Castelo, máis coñecido como Castelão, é un estadio de fútbol e recinto multiuso brasileiro situado na cidade de Fortaleza, no Estado do Ceará. Inaugurado en 1973, o estadio foi reformado en 2002 e totalmente remodelado en 2012 con motivo da Copa do Mundo FIFA de 2014, onde o Castelão albergará seis partidos, entre eles dous da selección brasileira.

Na última remodelación, a súa capacidade foi modificada para acoller públicos de até 67.037 espectadores, sendo considerado o vixésimo sétimo estadio maior do mundo e o quinto maior do Brasil.[1] Antes do mundial o estadio foi escenario de grandes eventos deportivos, culturais ou mesmo relixiosos, como partidos da selección brasileira ou a recepción ao Papa Xoán Paulo II en 1980 na súa visitia a Fortaleza. En 2013 foi ademais unha das sedes da Copa das confederacións e en 2016 será un dos centros de adestramento para as Olimpíadas do Río de Xaneiro.

  1. Diretoria de Competições (13 de agosto de 2013). Confederação Brasileira de Futebol, ed. "Catastro nacional de estádios de futebol" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de outubro de 2013. Consultado o 10 de abril de 2014.