Erinaceomorfos
Erinaceomorfos Erinaceomorpha Ourizos e ximnuros | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Erinaceus europaeus (erinaceino)
| |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||||||||||||
A dos erinaceomorfos (Erinaceomorpha) é unha orde de mamíferos placentarios laurasiaterios que inclúe unha soa familia, a dos erinaceidos (Erinaceidae),[1] antes incluída na antiga orde dos insectívoros, hoxe desbotada.[1]
A orde inclúe os coñecidos ourizos de Eurasia e África (subfamilia dos Erinaceinae) e os menos coñecidos en occidente ximnuros, do sueste asiático (subfamilia dos Galericinae).
Características
[editar | editar a fonte]Os erinaceidos teñen un corpo xeralmente semellante, na súa forma, ao das musarañas, co fociño longo e a cola curta. Porén, son moito máis grandes, xa que o tamaño do seu corpo varía normalmente desde 10 a 15 cm de lonxitude, e alcanzan de 40 a 60 g de peso (no caso do ximnuro de cola curta, Hylomys suillus, o maior dos ximuros ou ratas lunares, a lonxitude chega a de 26 a 45 cm, e o peso, de 1 a 1,4 kg).
Todas as especies teñen cinco dedos en cada pata, nalgúns casos dotados de fortes garras para escavar. As orellas e osollos son grandes. Os ourizos teñen os pelos modificados en espiñas afiadas, que forman unha cuberta protectora sobre a parte superior do corpo e os flancos, mentres que os ximnuros teñen só pelo normal.
A maioría das especies teñen glándulas anais odoríferas, que están moito máis desenvolvidas nos ximnuros, que desprenden cheiros que se perciben a gran distancia.[2]
Os erinaceidos son omnívoros, aínda que a maior parte da súa dieta está composta por insectos, vermes e outros pequenos invertebrados. Pero tamén comen sementes e froitos e, ocasionalmente, ovos de aves, así como calquera prea que estea ao seu alcance.
Os seus dentes son afiados e adecuados para atravesar ás presas invertebradas. A fórmula dentaria é: 2-3.1.4.3 / 3.1.2-4.3.
Os ourizos son de hábitos nocturnos; en cambio os ximnuros son menos nocturnos, e poden ser activos tamén durante o día.
Moitas especies viven en tobos simples, mentres que outras constrúen niños temporais sobre a superficie do solo con follas e herbas, ou se refuxian en ocos de troncos das árbores ou en agochos similares.
Os erinaceidos son animais solitarios fóra da temporada de cría, e o pai non desempeña ningún papel na crianza da prole.[2]
As femias dos erinaceidos paren tras un período de xestación de ao redor de seis a sete semanas. As crías acabadas de nacer son cegas e carecen de pelo, aínda que aos ourizos empezan a brotarlle as espiñas ás 36 horas do nacemento.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición dos taxons
[editar | editar a fonte]A orde dos Erinaceomorpha foi descrita en 1910 polo paleontólogo estadounidense William King Gregory.
Pol súa parte a familia dos Erinaceidae fora descrita anteriormente, en 1814 polo anatomista e paleontólogo alemán, nacionalizado ruso, Johann Fischer von Waldheim na súa obra Gotthelf Fischer (1814): Zoognosia tabulis synopticus illustrata, in usum praelectionum, Editio tertia, Volumen tertimum. Mosquae, Typis Nicolai Sergeidis Vsevolosky, editada pola Academia Médico-Cirurxica Imperial de Moscova.[3]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]- Orde
O nome Erinaceomorpha está formado polos elementos do latín científico erinace-, de Erinaceus, nome de xénero, derivado do latín ericĭus, "ourizo cacho", coa desinencia -āceus, "semellante a", e -morpha, forma neutra derivada do grego antigo μορφή morphé, "forma", unidos ambos os elementos pola vogal de unión -o-. Literalmente: "os semellantes aos ourizos".
- Familia
O nome da familia Erinceidae está formado, como é usual, coa raíz do nome do xénero tipo da familia, Erinaceus, e a desinencia ´-idae, derivada do grego εἶδος eîdos, "forma", usada para formar os nomes da familias de animais.
- Nomes vulgares
Erinaceomorfos e erinaceidos son, obviamente, as adaptacións ao galego dons nomes latinos correspondentes.
Ximnuro é un termo orixinado a finais do século XIX, derivado do latín científico Gymnura (antigo nome de xénero), tirado do grego antigo γυμνόσ gymnós, "espido, espida" e ουρά ourá, "cola de animal", "rabo".[4]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Describíronse 12 xéneros e 43 especies de erinaceomorfos, algúns deles e delas fósiles. Na actualidade, a orde comprende os seguintes taxons:[1][3]
Orde Erinaceomorpha Gregory, 1910
- Familia Erinaceidae G. Fischer, 1814
- Subfamilia Erinaceinae G. Fischer, 1814 - ourizos
- Atelerix Pomel, 1848
- Atelerix albiventris Wagner, 1841
- Atelerix algirus Lereboullet, 1842
- Atelerix frontalis A. Smith, 1831
- Atelerix sclateri Anderson, 1895
- Erinaceus Linnaeus, 1758
- Erinaceus amurensis Schrenk, 1859
- Erinaceus concolor Martin, 1837
- Erinaceus europaeus Linnaeus, 1758
- Erinaceus roumanicus Barrett-Hamilton, 1900
- Hemiechinus Fitzinger, 1866
- Hemiechinus auritus Gmelin, 1770
- Hemiechinus collaris Gray, 1830
- Mesechinus Ognev, 1951
- Mesechinus dauuricus Sundevall, 1841
- Mesechinus hughi Thomas, 1908
- Paraechinus Trouessart, 1879
- Paraechinus aethiopicus Ehrenberg, 1832
- Paraechinus hypomelas Brandt, 1836
- Paraechinus micropus Blyth, 1846
- Paraechinus nudiventris Horsfield, 1851
- Atelerix Pomel, 1848
- Subfamilia Galericinae Pomel, 1848 - ximnuros
- Echinosorex Blainville, 1838
- Echinosorex gymnura Raffles, 1822
- Hylomys Müller, 1840
- Hylomys megalotis Jenkins & M. F. Robinson, 2002
- Hylomys parvus Robinson & Kloss, 1916
- Hylomys suillus Müller, 1840
- Neohylomys Shaw & Wong, 1959
- Neohylomys hainanensis Shaw e Wong, 1959
- Neotetracus Trouessart, 1909
- Neotetracus sinensis Trouessart, 1909
- Podogymnura Mearns, 1905
- Podogymnura aureospinula Heaney & Morgan, 1982
- Podogymnura truei Mearns, 1905
- Echinosorex Blainville, 1838
- Subfamilia Erinaceinae G. Fischer, 1814 - ourizos
Evolución
[editar | editar a fonte]O dos erinaceidos é un grupo relativamente primitivo de mamíferos placentarios, que cambiaron moi pouco desde a súa orixe no eoceno. O chamado 'ourizo xigante' (realmente un ximnuro) Deinogalerix †, do mioceno do Gargano,[5] era do tamaño dun coello grande, e podía comer vertebrados ou prea, en lugar de insectos.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Erinaceomorpha en MSW.
- ↑ 2,0 2,1 Wroot, Andrew (1984): Macdonald, D., ed. The Encyclopedia of Mammals. New York: Facts on File. pp. 750–757. ISBN 0-87196-871-1.
- ↑ 3,0 3,1 Erinaceidae en MSW.
- ↑ gymnure Arquivado 26 de setembro de 2015 en Wayback Machine. en Oxford Dictionaries.
- ↑ O Gargano é un macizo montañoso e, por extensión, in importante promontorio no leste de Italia, que forma a "espora" da "bota" da península italiana.
- ↑ Savage, R. J. G. & Long, M. R. (1986): Mammal Evolution: an illustrated guide. New York: Facts on File. ISBN 0-8160-1194-X, pp. 48–49.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Erinaceomorfos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Erinaceomorfos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals: Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Martin, Robert D. (1984) en: Macdonald, D., ed. The Encyclopedia of Mammals. Nova York: Facts on File. ISBN 0-87196-871-1, pp. 126–127.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltinore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0, pp. 212–219.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Erinaceomorpha na ADW.
- Erinaceomorpha na EOL.
- Erinaceidae na ADW.
- Erinaceidae na EOL.