[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Scuderia Filipinetti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ecurie Filipinetti»)
Scuderia Filipinetti
Nome completo
Bandeira Suíza Suíza
Baseada en
Tempadas en activo 2 (1962-1963)
Número de pilotos Jo Siffert
Heinz Schiller
Heini Walter
Phil Hill
Debut Gran Premio de Bélxica de 1962
Carreiras 5 (4 saídas)
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio de Francia de 1963
Mike Parkes pilotando para a Scuderia Filipinetti en 1970

Scuderia Filipinetti (tamén en francés Ecurie Filipinetti) foi un equipo suízo que competiu en carreiras de coches deportivos e ocasionalmente na Fórmula 1 entre 1962 e 1973. Foi fundado por Georges Filipinetti (1907-1973) para apoiar ao piloto suízo Jo Siffert, pero empregou a moitos outros pilotos incluíndo Jim Clark, Phil Hill e Ronnie Peterson. Filipinetti inicialmente chamou ao equipo Ecurie Nationale Suisse, pero cambiouno logo das queixas do Automobile Club de Suisse.[1] O equipo competiu nos seus coches cunha librea vermella e branca e habitualmente con automóbiles Ferrari, malia que tamén empregaron outros fabricantes como Fiat[2] e Chevrolet; O Chevrolet Corvette L88 de 1968 do equipo fixo o seu debut en Le Mans en 1968 e volveu para as 24 Horas de Le Mans cinco veces máis, consecutivamente, ata 1973, unha marca que permanece intacta ppr calquera outro chasis.[3]

Os pilotos máis famosos que conduciron para a Scuderia Filipinetti entre 1962 e 1973:

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
1962 Lotus21
Lotus 24
Porsche 718
Climax FPF 1.5 L4
BRM P56 1.5 V8
Porsche 547/3 1.5 F4
D NED MON BEL FRA GBR ALE ITA USA RSA
Suíza Jo Siffert 10 Ret 12 NSC
Suíza Heinz Schiller Ret
Suíza Heini Walter 14
1963 Lotus 24 BRM P56 1.5 V8 D MON BEL NED FRA GBR ALE ITA USA MEX RSA
Phil Hill NC

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]