[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Emulsión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha emulsión[1] é unha mestura estable (se se lle agrega un emulsionante) e homoxénea de dous líquidos que normalmente non son solubles entre eles, (son inmiscibles entre eles), como aceites varios, tales como o aceite de oliva e auga. Cando estes dous líquidos están nun mesmo recipiente denomínanse fases. Exemplos comúns de emulsións son o leite, a maionesa e o fluído de corte que se emprega en metalurxia. As emulsións poden ser coloides reais ou mesturas menos estables, como certos aliños de ensalada.

Tipos de emulsións

[editar | editar a fonte]

A maior parte das emulsións constan dun líquido polar, como a auga, e outro apolar, como o aceite e a maioría de disolventes orgánicos. Por este motivo tradicionalmente se denominan auga e aceite aos dous compoñentes das emulsións. Cando a emulsión é estable, un dos líquidos atópase formando pequenas gotas no interior do outro. Segundo cal sexa o líquido disperso en gotas distínguense dous tipos de emulsións: de auga en aceite (emulsións W/O) e de aceite en auga (emulsións O/W). En xeral, os mesmos dous líquidos poden formar ámbolos tipos de emulsións, dependendo de cal sexa a temperatura e a concentración relativa dos compoñentes.

Tamén poden existir emulsións triplas do tipo W/O/W ou do tipo O/W/O.

Emulxente

[editar | editar a fonte]

Unha emulsión pode desfacerse, (separarse os dous líquidos) por factores como a manipulación mecánica ou por efectos químicos, como cando o leite é cortado por vinagre ou zume de limón.

Un emulxente ou emulsionante é unha substancia que axuda na formación dunha emulsión, como o son a xema de ovo na maionesa. Outro tipo de emulsionante é o deterxente, que se une tanto ás graxas como á auga, mantendo gotas microscópicas de graxa en suspensión. Este principio emprégase nos preparados para lavalouza.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para emulsión.