Distrito de Tkvarcheli
Aparencia
Тҟәарчал араион (ab) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado non recoñecido | República de Abkhazia | ||||
Capital | Tkvarcheli (pt) | ||||
O distrito de Tkvarcheli (en xeorxiano: ტყვარჩელის რაიონი, en abkhazo: Тҟәарчал араион, en ruso: Ткварчелский район) é un distrito de Abkhazia, unha das repúblicas independentes de facto de Xeorxia. Non ten equivalente con distrito xeorxiano xa que foi creado en 1995 a partir do distrito de Ochamchira e do distrito de Gali, centrado na capital homónima, Tkvarcheli. A poboación do distrito era de 14 477 segundo o censo de 2003.[1] No censo de 2011 medrou até os 16 012 habitantes.[2]
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o censo de 2011, tiña unha poboación de 16 012 persoas, compostas por:[2]
- Xeorxianos (58,0%)
- Abkhazos (32,0%)
- Mingrelianos (4,4%)
- Rusos (3,4%)
- Ucraínos (0,4%)
- Armenios (0,3%)
- Gregos (0,1%)