Distrito de Sukhumi
Aparencia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado non recoñecido | República de Abkhazia | ||||
Capital | Sukhumi | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.523 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
O distrito de Sukhumi (en xeorxiano: სოხუმის რაიონი, en abkhazo: Аҟәа араион, en ruso: Сухумский район) é un distrito de Abkhazia, unha das repúblicas independentes de facto de Xeorxia. Corresponde co distrito epónimo xeorxiano. A súa capital é Sukhumi, a cidade homónima, que tamén é a capital de toda a república. O distrito ten unha poboación de 11 531 persoas segundo o censo de 2011. A cidade de Sukhumi é unha entidade administrativa separada con máis 60 000 habitantes.[1]
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o censo de 2011, tiña unha poboación de 11 531 persoas, compostas por:[2]
- Armenios (56,1%)
- Abkhazos (30,4%)
- Rusos (7,5%)
- Xeorxianos (2,0%)
- Ucraínos (0,5%)