[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Disintegration

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Disintegration
Álbum de The Cure
Publicado1 de maio de 1989
Gravaciónnovembro de 1988 - febreiro de 1989
Estudio(s)Hook End Manor Studios en Reading, Berkshire
Duración71:47
Xénero(s)rock alternativo, rock gótico
Selo(s)Fiction Records
ProdutorDavid M. Allen, Robert Smith
Cronoloxía
Kiss Me, Kiss Me, Kiss Me Disintegration Wish
Na rede
https://www.thecure.com/release/disintegration/
Spotify: 0H6TddUF2M63ZSHGvhk5yy Discogs: 31755 Allmusic: mw0000203095 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Disintegration é o oitavo álbum da banda inglesa The Cure, editado o 1 de maio de 1989 polo selo Fiction Records. O disco marca un regreso ao estilo máis introspectivo e gótico que a banda creara a principios dos 80. The Cure gravou Disintegration nos Hook End Manor Studios en Reading, Berkshire, co co-produtor David M. Allen entre finais de 1988 e principios de 1989. Durante a produción, o membro fundador da banda Lol Tolhurst foi despedido.

A pesar de que a discográfica tiña medo de que o álbum fose un "suicidio comercial", Disintegration converteuse nun éxito de vendas. Foi número 3 no Reino Unido e número 13 nos Estados Unidos, tendo varios exitosos sinxelos como "Lovesong", que acadou o número 2 na lista Billboard Hot 100. Disintegration segue sendo o álbum de The Cure con máis vendas ata a data, cuns 3 millóns en todo o mundo.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Smith, Gallup, O'Donnell, Thompson, Tolhurst e Williams.

  1. "Plainsong" – 5:12
  2. "Pictures of You" – 7:24
  3. "Closedown" – 4:16
  4. "Lovesong" – 3:29
  5. "Last Dance" – 4:42
  6. "Lullaby" – 4:08
  7. "Fascination Street" – 5:16
  8. "Prayers for Rain" – 6:05
  9. "The Same Deep Water as You" – 9:19
  10. "Disintegration" – 8:18
  11. "Homesick" – 7:06
  12. "Untitled" – 6:30