[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Dinastía Xia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Historia da China
Os Tres Augustos e os Cinco Emperadores
2205 a.C. Dinastía Xia
-1570 Dinastía Shang
 -1046 Dinastía Zhou
 -722 Primaveras e Outonos
 -453 Reinos combatentes
 -221 Dinastía Qin
 -206 Dinastía Han occidentais
9 Dinastía Xin
  25 Dinastía Han orientais
 220 Tres Reinos
 265 Dinastía Jin e
 304 Dezaseis Reinos
 420 Dinastías do Norte
e do Sur
 581 Dinastía Sui
 618 Dinastía Tang
 690 Dinastía Zhou
 907 As Cinco Dinastías e os Dez Reinos
 960 Dinastía Song
 907 Dinastía Liao
1032 Dinastía Xixia
1115 Segunda dinastía Jin
1234 Dinastía Yuan
1368 Dinastía Ming
1644 Dinastía Qing
1912 República da China
1949 República popular
  Taiwan

A dinastía Xia (chinés: 夏, pinyin: Xià, Wade-Giles: Hsia), que segundo as crónicas chinesas durou dende o século XXI a. C. ao século XVI a. C., é considerada como a primeira dinastía na historia chinesa. As memorias históricas de Sima Qian recollen os nomes dos 17 reis desta dinastía. Foi seguida pola dinastía Shang e, segundo o relato de Sima Qian, precedida polo período lendario dos tres augustos e cinco emperadores.

O carácter 夏 desta dinastía forma parte do nome da rexión chinesa actual de Ningxia, e aparece tamén no nome poético da China Huáxià (華夏).

Verosimilitude da dinastía Xia

[editar | editar a fonte]

Con anterioridade ás escavacións feitas en 1928 en asentamentos da idade de bronce en Anyang, provincia de Henan, non había indicios arqueolóxicos da existencia dos Xia. Daquela, numerosas escavacións confirman a existencia dunha cultura do bronce que pode identificarse cos Xia. En 1959, escaváronse as ruínas de Erlitou, na cidade de Yanshi (Henan), nas que se atoparon dous grandes pazos e que se cre que puido ser a capital da dinastía. Segundo a datación co carbono-14 poden pertencer ao ano -2100 ou -1800.

Extensión territorial da dinastía Xia.

Independentemente da verosimilitude das historias lendarias sobre os reis Xia que aparecen escritas en crónicas moi posteriores, coma a de Sima Qian, pódese considerar á civilización Xia coma un período evolutivo de transición entre as culturas neolíticas, coma a de Longshan, e a sociedade urbana dos Shang. Na interpretación marxista da historia que fora habitual na República Popular Chinesa, a sociedade Xia está considerada unha sociedade escravista.

O territorio controlado polos Xia abarcaría aproximadamente a actual provincia de Henan e parte do oeste de Shandong e do sur de Hebei.

Historia da dinastía

[editar | editar a fonte]

Segundo as crónicas chinesas, antes da dinastía Xia establecérase unha especie de alternancia no poder entre as varias tribos que ocupaban a zona. Á morte de Yu o Grande, primeiro emperador da dinastía, debía sucedelo no poder a tribo Yi, mais foi o seu fillo Qi o que se fixo co poder. As demais tribos declararon a guerra aos Xia que, tras vencelas, instaurou a dinastía. Non obstante, os demais pobos non admitirían este control dos Xia, polo que as guerras serían constantes. O derradeiro rei Xia, Jie (桀, Jié), foi un tirano, cuxo reinado cruel acabou coa derrota militar ante os Shang, pobo procedente do leste, cuxo líder, Tang (湯, Tāng), fundou a nova dinastía.

Reis da dinastía Xia

[editar | editar a fonte]

Segundo As memorias históricas de Sima Qian, os dezasete soberanos da dinastía Xia foron os siguintes:

Orde de
reinado
Anos de
reinado
Nome en
chinés
Pinyin Notas
1 45 Tamén chamado Yu o Grande (大禹, Dà Yǔ)
2 10
3 29 太康 Tai Kang  
4 13 仲康 Zhòng Kāng  
5 28 Xiāng  
6 21 少康 Shǎo Kāng  
7 17 Zhù
8 26 Huái  
9 18 Máng  
10 16 Xiè  
11 59 不降 Bù Jiàng  
12 21 Jiōng  
13 21 Jǐn  
14 31 孔甲 Kǒng Jiǎ
15 11 Gāo  
16 11
17 52 Jié Tamén chamado Lu Gui (履癸, Lǚ Guǐ)

O nome do reinado é ás veces precedido polo da dinastía. Por exemplo: Xia Yu (夏禹).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]