DeShawn Stevenson
(2008) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de abril de 1981 (43 anos) Fresno, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Washington Union High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 95 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2000 - 2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Utah Jazz | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
DeShawn Stevenson, nado o 3 de abril de 1981 en Fresno (California), é un xogador profesional norteamericano de baloncesto que actualmente é axente libre. Mide 1,96 metros e xoga de escolta.
Carreira
[editar | editar a fonte]Instituto
[editar | editar a fonte]Stevenson xogou ao baloncesto no Instituto Washington Union de Easton, facendo 30,4 puntos, 9,7 rebotes e 6,2 asistencias por partido no seu ano sénior. Foi nomeado no primeiro quinteto do Parade All-America e no segundo do All-USA Today, ademais de aparecer no McDonald's All-American High School All-Star Game, anotar 25 puntos e gañar o concurso de mates do devandito evento. Tras asinar unha carta para xogar na Universidade de Kansas, cambiou de idea e presentouse directamente ao Draft da NBA.
NBA
[editar | editar a fonte]Foi seleccionado por Utah Jazz na 23ª posición do Draft da NBA de 2000. Na súa primeira tempada xogou moi pouco, aparecendo en 40 partidos e facendo 2,2 puntos, 0,7 rebotes e 7,3 minutos de xogo por noite. Como rookie, participou no concurso de mates do All-Star Weekend de Washington, finalizando segundo por detrás de Desmond Mason.
Disputou tres tempadas e media en Utah, pasando a maior parte do tempo no banco, ata que foi traspasado a Orlando Magic en inverno de 2004. Nos 26 partidos que xogou nos Magic esa campaña fixo 11,2 puntos e 4,6 rebotes por partido. En Orlando atopou un papel máis importante que o secundario que tiña en Utah. Na tempada 2005-06, a súa última en Florida, Stevenson asinou 11 puntos, 2.9 rebotes, 2 asistencias e 32.3 minutos de xogo en 82 partidos, todos eles de titular.
Con todo, o 3 de agosto de 2006 asinou un contrato de dúas campañas con Washington Wizards. Na súa primeira tempada no conxunto da capital, as súas medias foron de 11.2 puntos, 2.6 rebotes, 2.7 asistencias e 29.5 minutos en 82 partidos, todos comezándoos no quinteto inicial. O 13 de febreiro de 2010, Stevenson foi traspasado a Dallas Mavericks xunto con Caron Butler e Brendan Haywood a cambio de Josh Howard, Drew Gooden, James Singleton e Quinton Ross.[1] En Dallas conseguiu o anel de campión da NBA na tempada 2010-11.
O 23 de decembro de 2011, asinou un contrato dun ano e 2.5 millóns de dólares polos New Jersey Nets.
O 11 de xullo de 2012, os Nets traspasaron a Stevenson, Jordan Farmar, Jordan Williams, Anthony Morrow, e Johan Petro ós Atlanta Hawks a cambio de Joe Johnson.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mavericks Acquire Butler, Haywood and Stevenson in Seven-Player Trade
- ↑ Couch, Ben (11 de xullo de 2012). "A Jolt of Joe for the Nets". Brooklyn Nets. Consultado o 11 de xullo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com
- Estatísticas de DeShawn Stevenson Arquivado 01 de marzo de 2011 en Wayback Machine.
- Nados en 1981
- Nados en Fresno
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores dos Utah Jazz
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Washington Wizards
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores dos New Jersey Nets
- Xogadores dos Atlanta Hawks
- Eleccións no Draft da NBA dos Dallas Mavericks
- Escoltas de baloncesto