[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Dez mandamentos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Os dez mandamentos.
Decálogo de Jekuthiel Sofer, 1768, que imita a distribución en dúas táboas. Bibliotheca Rosenthaliana, Ámsterdam.

Os dez mandamentos ou decálogo son as dez leis que, segundo a tradición cristiá e xudía, foron ditadas por Deus a Moisés no monte Sinaí.

Existen versións diferentes segundo as Igrexas.

Son os seguintes, segundo o catecismo católico:

  1. Amarás a Deus sobre tódalas cousas.
  2. Non tomarás o Nome de Deus en van.
  3. Santificarás as festas.
  4. Honrarás o teu pai e a túa nai.
  5. Non matarás.
  6. Non cometerás actos impuros.
  7. Non roubarás.
  8. Non dirás falso testemuño nin mentirás.
  9. Non consentirás pensamentos nin desexos impuros.
  10. Non cobizarás os bens alleos.

Estes son os dez mandamentos orixinais, do libro do Éxodo na tradición católica:

  1. Non terás outros deuses alén de min.
  2. Non farás para ti imaxe de escultura.
  3. Non pronunciarás o nome do Señor, o teu Deus, en van.
  4. Lémbrate do sábado para santificalo.
  5. Honra teu pai e túa nai.
  6. Non matarás.
  7. Non cometerás adulterio.
  8. Non roubarás.
  9. Non darás contra o teu próximo falso testemuño.
  10. Non cobizarás.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]