[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Dolby Theatre

Dolby Theatre
Fachada do Dolby Theatre en Hollywood
Coordenadas34°06′10″N 118°20′25″O / 34.102777777778, -118.34027777778
editar datos en Wikidata ]

O Dolby Theatre (antigamente coñecido como Kodak Theatre)[1] é un auditorio para espectáculos e un complexo de entretemento localizado no Hollywood Boulevard da Avenida North Highland, no distrito de Hollywood da cidade dos Ánxeles, Estados Unidos. Dende a súa inauguración o 9 de novembro de 2001, o teatro acolleu as cerimonias dos Premios Óscar, sendo a sede por vez primeira en marzo de 2002. É a primeira casa permanente da cerimonia de premios anuais.

O teatro foi deseñado especificamente para esta cerimonia polo estudio Rockwell Group, pertencente ó arquitecto David Rockwell.[2] O seu deseño está pensado para facilitar as transmisións en vivo dende o gran recinto sen a mínima intromisión para a audiencia. Ten capacidade para máis de 3.400 persoas,[3] divididos entre a platea e os tres niveis de balcóns, e é un dos meirandes escenarios dos Estados Unidos (36,5 x 27,5 m).[4] A sala de prensa situada detrás do escenario ten capacidade para máis de 1.500 xornalistas.

A entrada ó teatro está franqueada por columnas nas que se amosan os filmes que acadaron o premio na categoría de Mellor filme dende 1928, e con algúns espazos baleiros para futuros filmes gañadores do premio.

  1. Dolby Buys Naming Rights For Former Kodak Theatre (en inglés)
  2. John Calhoun (1 de abril de 2002). Live Design Online, ed. "A Kodak Moment". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2012. Consultado o 14 de febreiro de 2012. 
  3. "About the Dolby Theatre". Dolby Theatre. Consultado o 19 de xuño de 2015. 
  4. "Profile". Kodak Theatre. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2012. Consultado o 2 de maio de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]