[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Gorgona (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A gorgona Medusa de Caravage.

Na mitoloxía grega, as gorgonas eran criaturas fantásticas, espantosas que tiñan serpes na cabeza no canto de cabelos. Segundo Hesíodo eran tres irmás, novas, fillas de Forcis e Ceto, dous deuses mariños de formas monstruosas e irmáns entre si. As gorgonas vivían no Occidente, onda o país das Hespérides, onda o reino dos mortos. Homero descoñece a gorgona como figura mitolóxica: na Odisea describe con ese nome unha cabeza fantasmal -sen corpo- que vive no Hades.

Chamábanse Esteno, Euríale e Medusa; esta última era mortal en canto as outras dúas eran inmortais. Medusa foi considerada a gorgona por antonomasia, ata o punto de resultar os dous termos case sinónimos e eclipsar totalmente ás dúas irmás. A descrición que dan os mitógrafos coinciden coa que se ten de Medusa.

Cando Perseo foi mandado a matar a Medusa, achegouse ás gorgonas cando estas durmían. Axudado por Atenea e guiándose polo reflexo dun escudo (para evitar que o puidesen mirar directamente), conseguiu cortarlle a cabeza. Gardouna no zurrón e fuxiu, oculto baixo o casco de invisibilidade de Hades, polo que as irmás, cando acordaron, non puideron perseguilo [1].

Diodoro escribiu unha nova versión, racionalizada, do mito das gorgonas. Dicía que eran un pobo belicoso, como as Amazonas, que vivían no país dos Atlantes. Estes pediron ás Amazonas que declarasen a guerra contra as gorgonas, e así o fixeron, derrotándoas. Aínda que se repuxeron, logo foron atacadas por Teseo, que matou a raíña, e finalmente exterminadas por Heracles.

  1. Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitolóxica II, 4, 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981, s. v. Gorgona.
  • PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].

Outros artigos

[editar | editar a fonte]