[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Bucinobantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de Europa occidental no século V.

Os bucinobantes (en alemán: Bucinobanten) foron unha tribo xermánica do tronco dos alamanos que vivía ao norte do "Brigantiae Lacus heutigen Constance", onde é hoxe a moderna cidade de Mainz sobre o río Meno.[1] Eles formaban xuntamente cos Hermións, Hermunduros, Xutungos, Amalausos, Lentienses etc, a Confederación alamana que durante os séculos III, IV e V se enfrontaron, en varias ocasións, tanto ao exército romano canto a outras tribos da rexión.

Batallas contra o imperio romano

[editar | editar a fonte]
Símbolo dos Bucinobantes no manuscrito Bodleian. A unidade estaba catalogada como auxiliar palatina baixo o mando do Magister militum (século V).

Xuliano, o Apóstata

[editar | editar a fonte]

O rei dos Bucinobantes, Macriano (reinou entre o 368–371), foi un dos máis importantes xefes alamanos, un dos máis activos e aguerridos. Foi el quen conseguiu unir as tribos xermánicas do norte e as tribos alamanas contra Roma. Segundo o historiador romano Amiano Marcelino, o emperador Xuliano, o Apóstata (361-363), en 359, atravesou o río Rin, nas proximidades de Moguntiacum (actual Maguncia), para negociar con Macriano e con outros xefes alamanos, como Hariobaudo (probábel irmán), Urio, Ursicino, Vadomario (rei dos Brísgavos),Vestralpo (un dos xefes dos Bucinobantes), entre outros. Nesta ocasión, alén do troco de prisioneiros, foi asinado un tratado de paz, con varios reis alamanos. Xuliano xa se enfrontara a eles no 365 cando tivera que marchar co seu exército para Augustoduno (actual Autun) para levantar o cerco á cidade, e para Sénonas (posibelmente a actual Sens), tamén para liberala dun cerco alamano.[2] Nese mesmo ano, enfrontounos, de novo, na Batalla de Reims, na que foi derrotado e, despois, na Batalla de Brocómago.

O ano seguinte, conseguiu unha vitoria decisiva na Batalla de Estrasburgo, conseguindo axiña expulsalos da Renania, recuperando Colonia Claudia Ara Agripina (Colonia) e asegurando as fronteiras do Rin por máis de cincuenta anos.

Valentiniano I

[editar | editar a fonte]

Despois de varias rebelións e incursións contra o Imperio Romano, como por exemplo en 367, na Batalla de Solicinio, o emperador Valentiniano I (364-375), sucesor de Xoviano (363-364), fallou na súa tentativa (co apoio dos burgundios) para prender a Macriano. No 370, Valentiniano invadiu as terras dos Bucinobantes, a "Alamania" (terra dos alamanos, despois Alemaña) e depuxo a Macriano, a quen denominou "turbarum rex artifex" ("rei artífice de axitación"). Coa axuda de desertores, Macriano foi capturado e preso. No seu lugar foi nomeado Fraomario como rei dos Bucinobantes, mais estes non o aceptaron e foi expulsado e Macriano restaurado. No 371, Valentiniano viuse forzado a conceder a Macriano unha alianza, e a admitir os Bucinobantes como federados de Roma e aliados leais na guerra contra os francos. Posibelmente como parte desta mesma alianza, seguiu un acordo entre Macriano e Valentiniano que culminou por proscribir Fraomario e os seus seguidores de Mogonciaco a Norfolk, en Inglaterra.[3]

No 378, o rei franco Malobaldo (Mellobaudes ou Flavius Merobaudes) de Toxandria (320–376), fillo de Malarico I, un conde dos domésticos de Roma, e o segundo en comando á cabeza do exército na Galia, a mando do emperador romano occidental Graciano (375–383), avanzou sobre tribos alsacianas, confederadas dos alamanos, comandadas polo rei Priario, da tribo dos Lentienses, e derrotounos na Batalla de Argentovaria (próxima da moderna Colmar, en Alsacia), na que morreu Priario. Dous anos despois (380), executou a Macriano, rei dos Bucinobantes e aliado romano, que invadira o territorio franco.

Bucinobantes e Francos

[editar | editar a fonte]

Os documentos relativos, propiamente, aos Bucinobantes, trala morte de Macriano, son escasos. Porén o Reino dos alamanos, comprendido polas diversas tribos que o compuñan, e cuxo territorio abranguía as rexións entre Estrasburgo e Augsburgo, durou até 496, cando Clodoveo, rei dos Francos, conquistou a rexión despois da Batalla de Tolbiac.[4] A partir de aí (de 496 a 511) os alamanos e mailos seus confederados, son gobernados directamente polo rei e despois, a partir de 536, pasan a ser gobernados por un duque franco nomeado por aquel.

Finalmente, foi Carlomagno que, no 746, puxo remate á escasa resistencia existente dos xefes confederados alamanos fronte á dominación franca cando executou á maior parte da nobreza alamana despois dun levantamento en Cannsttat.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Hai varias hipóteses sobre a orixe do termo Bucinobantes. A de maior aceptación indica que provén da unión de " Buchen", "Hecken" ou "Gebück" e de "Band", "Banten" que quere dicir, pais, patria ou rexión. Así o nome podería ser: a rexión dos Bucken (Bucinos).[5] O nome preservouse en Buchengau, en Hesse.

Tribos da confederación alamana

[editar | editar a fonte]

As primeiras novas sobre grupos alamanos foron mencionados por Dión Casio en 213, que os coloca como tribos xermánicas que se estableceran no curso medio e baixo do río Elba e ao longo do río Meno e, de acordo con Asinio Quadrado, o seu nome (que significa "todos") indica que eles eran a agrupación de varias daquelas tribos, ou sexa, os:

  1. Haselgrove, C.; Kunow, J. "Bucinobantes". pleiades.stoa.org (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2021. 
  2. Goldsworthy (2003), p. 343
  3. Amiano Marcelino, XXIX, 4, 7: "Regem Fraomarium ordinavit, QUEM paulo postea ... em Brittannos translatum potestate tribuni Alamannorum praefecerat".
  4. Gregorio de Tours, Libro II, 31.
  5. Grimm, Jacob (1880). Geschichte der deutschen Sprache (en alemán) II (4ª ed.). Leipzig: S. Hirzel. p. 593. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]