Brendan Haywood
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1979 (44 anos) Nova York, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | James B. Dudley High School (en) Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 213 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 119 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2001 - 2015 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Cleveland Cavaliers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1999 | Universíada de Verão de 1999 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | bhaywood.com |
Brendan Todd Haywood, nado o 27 de novembro de 1979 en Nova York, Estado de Nova York, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto actualmente xente libre. Con 2,13 metros de altura xoga na posición de pivote.
Traxectoria universitaria
[editar | editar a fonte]Antes de saltar á Universidade de North Carolina, Brendan acudiu ao Dudley High School en Greensboro, Carolina do Norte, onde foi designado como Xogador do Ano no estado. En 1997 formou parte do McDonald's All-American Team. Despois Brendan foi recrutado polo técnico Dean Smith para que xogase nos seus Tar Heels, onde o pivote pasou catro tempadas. Debutou como "freshman" na tempada 1997-98 pero a súa achega foi mínima xa que naquel equipo tan remocicado aínda non había sitio para el. Compartiu vestiario aquela tempada con Antawn Jamison, Vince Carter, Shammond Williams, Ed Cota, Ademola Okulaja e Makhtar N'diaye (de quen Haywood era suplente). Tras estes, Brendan era o xogador máis utilizado. Acabou con 2,9 puntos e 2,4 rebotes de media en 8,1 minutos. North Carolina alcanzou a Final Four, celebrada en San Antonio, pero caeu en semifinais ante Utah Utes.
Durante o verán de 1998 tanto Carter como Jamison saltaron ao draft e North Carolina debía empezar de novo a construír un equipo con vistas a alcanzar de novo un título. Caeron en primeira rolda ante a modesta Weber State pero Haywood empezou a dar mostras do que podía ser. Fixo 12 puntos (cun 64,8 % en tiro), 6.9 rebotes e 1.8 tapóns por encontro. Na tempada 1999-00 mellorou sensiblemente os seus números xogando algo menos. Acabou con 13,6 puntos (cun 69,7 % en tiro), 7.5 rebotes e 2.5 asistencias. Brendan alcanzou a súa segunda Final Four en tres anos pero volveuse a quedar ás portas, xa que foron eliminados en semifinais por Florida Gators.
A 2000-01 empezaría con cambio de adestrador, o novo técnico sería Matt Doherty. Aquela campaña Haywood logrou o primeiro triplo dobre na historia da Universidade de North Carolina. Foi o 4 de decembro de 2000 ante a Universidade de Miami e asinou 18 puntos, 14 rebotes e 10 tapóns. O equipo esta vez nin sequera alcanzou cotas altas e quedou no camiño en segunda rolda. Ao finalizar a tempada foi incluído no 2º Mellor Quinteto da Atlantic Coast Conference e no 2º de All-America tamén, por Sporting News. Acabou o seu periplo universitario como o líder histórico da Atlantic Coast Conference en porcentaxe de tiros de campo con 63.7 %. Durante o instituto e a universidade Brendan era alcumado "Baby Huey" pero tras dar o salto á NBA abandonou ese sobrenome.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Haywood foi elixido por Cleveland Cavaliers no posto 20 da primeira rolda do draft de 2001, mais Cleveland o traspasou inmediatamente a Orlando Magic a cambio de Michael Doleac, e á súa vez os Magic traspasárono aos Washington Wizards a cambio de Laron Profit e unha primeira rolda. Aquela noite Haywood pasou por tres equipos. Na súa tempada rookie Haywood asinou 5,1 puntos e 5,2 rebotes, foi nomeado Rookie do Mes de decembro tras facer 7,9 puntos, 7,9 rebotes e 2,2 tapóns. Participou no Rookie Challenge de 2001 e marcouse o seu primeiro dobre-dobre fronte a Memphis Grizzlies con 17 puntos e 15 rebotes.
Na tempada 2002-03 asentouse como titular, disputando nesta condición 69 dos 81 partidos que xogou. Tivo unha media de 6,2 puntos, 5 rebotes e 1m5 tapóns. Foi mellorando paulatinamente os seus números na 2003-04 e na 2004-05 con 7 puntos, 5 rebotes e 9,4 puntos e 6,8 rebotes, respectivamente. Mais tras este ano estancouse e comezaron a diminuír os seus números. En 2005 pasou por, posiblemente, a súa mellor etapa como xogador na NBA, tras asinar uns bos playoffs nos que o equipo alcanzou as semifinais de conferencia, onde caeron ante Miami Heat por 4-0. Nesa serie Haywood fixo 13,0 puntos e 8,8 rebotes, e naqueles playoffs en xeral 10,6 puntos, 7,6 rebotes, 1 asistencia, 2 tapóns e 1,4 roubos. A súa máxima achega desde que chegase á liga. Durante a 2005-06 fixo 7,3 puntos e 5,9 rebotes, e na 2006-07 quedou en 6,6 puntos e 6,2 rebotes, moi á sombra dos Gilbert Areas, Antawn Jamison ou Caron Butler. O 13 de febreiro de 2010, Haywood foi traspasado a Dallas Mavericks xunto con Caron Butler e DeShawn Stevenson a cambio de Josh Howard, Drew Gooden, James Singleton e Quinton Ross.[1]
O 14 de xullo de 2012, Haywood fichou polos Charlotte Bobcats despois de que os Mavericks aplicaran a cláusula de amnistía sobre o xogador.
O 12 de xullo de 2014, Haywood foi traspasado ós Cleveland Cavaliers xunto ós dereitos do Draft de Dwight Powell, a cambio de Scotty Hopson.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Brendan Haywood Arquivado 06 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)