[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

blink-182

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
blink-182
blink-182
OrixeSan Diego (California), Estados Unidos
Período19922005
2009–presente
Xénero(s)pop punk, rock alternativo, skate punk
Selo(s) discográfico(s)Filter Records
Kung Fu Records
Grilled Cheese
Cargo Music
MCA
Geffen
Interscope
Independente
MembrosTom Delonge
Mark Hoppus
Travis Barker
Antigos membrosScott Raynor
Matt Skiba
Na rede
blink-182
IMDB: nm1485933 Facebook: blink182 Twitter: blink182 Instagram: blink182 MySpace: blink182 Youtube: UCdvlHk5SZWwr9HjUcwtu8ng Souncloud: blink-182 Spotify: 6FBDaR13swtiWwGhX1WQsP iTunes: 116851 Last fm: blink-182 Musicbrainz: 0743b15a-3c32-48c8-ad58-cb325350befa Songkick: 479410 Discogs: 80395 Allmusic: mn0000757342 Deezer: 409 Genius: Blink-182 Editar o valor en Wikidata

blink-182 é unha banda de rock estadounidense formada en 1992 en Poway, California. O grupo está composto por Mark Hoppus (vocal e baixo), Travis Barker (batería) e Matt Skiba (guitarra e vocais). Recoñecida polo seu son pop punk enerxético e letras divertidas e moitas veces adolescentes, a blink-182 converteuse nunha das bandas máis influentes da escena punk rock dos anos 1990 e 2000

Orixes de 1992 a 1998

[editar | editar a fonte]

A banda naceu en 1992, en Poway, un dos barrios de San Diego, concretamente onde Tom DeLonge e Scott Raynor coñeceron a Mark Hoppus, un rapaz de Ridgecrest, California. Os tres decidiron formar unha banda. Tras consideraren un número de nomes, como “Duct Tape” (Cinta para canos), acordaron chamárense simplemente Blink. So este nome, o 27 de abril de 1993, Blink lanzou un EP coñecido como Flyswatter (Matamoscas). Esta demo foi gravada usando un boombox, un gravador caseiro, no garaxe de Scott, así se explica a pobre calidade de son.

Antes do final dese ano, a banda realizou outra demo casete coñecida como Buddha, lanzada por Filter Records. Na gravación incluíuse "The Girl Next Door", cover da banda de punk Screeching Weasel. Tras o lanzamento desta demo, a banda viuse implicada nunha polémica cunha banda techno de Irlanda, que aseguraba ter o copyright do nome da banda, Blink. Para evitaren males maiores, o trío decidiu engadir o número 182. Moitas teorías sobre a orixe do nome, sobre todo do 182, xurdiron entre o público. Unha delas, a máis célebre e difundida é a que asegura que 182 é o número de veces que Al Pacino di a palabra fuck ("foder" en galego) en O prezo do poder. Porén, a banda reiterou en varias ocasións que o número non significa nada en especial, e que foi escollido ao chou.

A banda comezou a facerse un nome na escena punk rock de principios dos 90, que viviu o seu auxe particular en 1994, co lanzamento de tres dos discos máis importantes do punk rock moderno: Dookie, de Green Day; Smash, de The Offspring e Punk in Drublic, de NOFX. A banda coñeceu aos veteranos The Vandals durante un concerto con Unwritten Law, e axudaron a blink-182 a emerxer con forza na escena punk de San Diego grazas a que The Vandals os incluíron en moitos dos seus concertos. Máis tarde, blink-182 agradecéullelo relanzando a súa vella demo remasterizada Buddha mediante Kung Fu Records, selo de Joe Escalante, baixista de The Vandals. Amais, a banda apareceu nunha morea de vídeos promocionais de surf, skate e snowboard. Precisamente, unha compañía australiana de roupa destes deportes, Billabong, (unha das máis importantes do mundo hoxe en día) comeza a patrocinar a banda. Tamén, un dos primeiros logos da banda era un B, lanzado conxuntamente por blink-182 e Billabong aproveitando o xogo de comezar os seus nomes pola mesma letra.

En 1994, a banda, xa como blink-182, fichou por Cargo Music, selo independente de punk rock de San Diego, para lanzar o seu primeiro álbum de estudio, chamado Cheshire Cat, lanzado con Grilled Cheese Records, filial de Cargo. O álbum contiña varias novas versións das cancións que aparecían en Buddha e os seus sinxelos "M+M's" e "Wasting Time", alén doutras cancións moi populares nos concertos da banda como Carousel.

Antes de embarcarse no seu novo álbum, a banda participou no Warped Tour de 1996 canda bandas como NOFX e Pennywise. Após mudarse a Encinitas, California, a banda fichou por MCA Records para gravar Dude Ranch co produtor Mark Trombino e lanzado á súa vez por MCA e Cargo (sería o seu derradeiro material con blink-182). O álbum foi un éxito cando os dous sinxelos Josie e Dammit ascenderon ao cume das listas de éxitos estadounidenses e o disco logra o disco de platino.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
Ano Álbum Discográfica
1995 Cheshire Cat Cargo Music/Grilled Cheese
1997 Dude Ranch Cargo Music/MCA Records
1999 Enema of the State MCA Records
2001 Take off Your Pants and Jacket MCA Records
2003 Blink-182 Geffen Records
2011 Neighborhoods DGC Records
2016 California BMG Rights Management
2019 Nine Columbia Records
2023 One More Time... Columbia Records
  • Tom Delonge – Guitarra, vocalista, e coros (1992-2005 / 2009-presente).
  • Mark Hoppus – Baixo, vocalista, e coros (1992-2005 / 2009-presente).
  • Travis Barker – Batería (1998-2005 / 2009-presente).

Antigos membros

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.