Betalaína
Aparencia
As betalaínas son metabolitos secundarios das plantas nitroxenados que actúan como pigmentos vermellos e amarelos.
Están presentes soamente no taxon Caryophyllales exceptuando Caryophyllaceae e Molluginaceae (Clement et al. 1994[1]). En contraste, a maioría das demais plantas posúen pigmentos que son antocianinas (que pertencen ao grupo dos flavonoides). As betalaínas e as antocianinas son mutuamente excluíntes, polo que cando se encontran betalaínas nunha planta, estarán ausentes as antocianinas, e viceversa.
Ao igual que todos os pigmentos, cumpren funcións de atracción de polinizadores e dispersores, pero probablemente teñen funcións adicionais, como absorción de luz ultravioleta e protección contra o herbivorismo.
Notas
[editar | editar a fonte]- "Secondary Plant Compounds". En: Judd, W. S. Campbell, C. S. Kellogg, E. A. Stevens, P.F. Donoghue, M. J. 2002. Plant systematics: a phylogenetic approach, Second Edition. Sinauer Axxoc, USA. Capítulo 4; "Structural and Biochemical Characters".
- ↑ Clement JS, TJ Mabry, H Wyler e AS Dreiding. 1994. "Chemical review and evolutionary significance of the betalains". En: Caryophyllales, H-D Behnke y TJ Mabry (eds.) 247-261. Springler, Berlin.