[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Conca fluvial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bacía hidrográfica»)
Concas fluviais de Galicia.

Unha conca fluvial, cunca fluvial ou bacía fluvial (ou hidrográficas)[1] é unha porción de territorio drenada por un único sistema de carácter natural.

Formación e características

[editar | editar a fonte]

Unha conca hidrográfica defínese polo río que fai e vén delimitada pola liña dos cumes que arrodean o espazo. Conforme se avanza polo curso do río cara a abaixo, a superficie da conca vai aumentando. En xeral acéptase que o divisor das augas subterráneas coincida co divisor das augas superficiais, se ben este feito non se verifica en todos os casos. A conca hidrográfica é a unidade xeralmente adoptada para estudos hidrolóxicos e, máis recentemente, a partir dos anos 70, para a planificación racional do uso dos recursos naturais.

As principais características dunha conca hidrográfica son:

  • A curva cota (superficie): esta característica dá unha indicación do potencial hidroeléctrico da conca.
  • O coeficiente de forma: dá indicacións preliminares da onda de avenida que é capaz de xerar.
  • O coeficiente de ramificación: tamén da indicacións preliminares respecto o tipo de onda de avenida.

Tipos de concas

[editar | editar a fonte]

Existen tres tipos de concas:

  • Exorreicas: drenan as súas augas ao mar ou ao océano. Un exemplo é a conca do Amazonas, en Suramérica.
  • Endorreicas: desembocan en lagos, lagoas ou salares que non teñen comunicación ao mar. Por exemplo, a conca do río Desaguadero, en Bolivia.
  • Arreicas: as augas evapóranse ou fíltranse no terreo antes de encamiñarse nunha rede de drenaxe. Os arroios, regos e cañadóns da meseta central patagónica pertecen a este tipo, xa que non desaugan en ningún río ou outro corpo hidrográfico de importancia.

Partes dunha conca

[editar | editar a fonte]
Conca alta

Corresponde á zona onde nace o río, o cal se despraza por unha gran pendente.

Ver Conca de recepción.

Conca media

É a parte da conca na cal hai un equilibrio entre o material sólido que chega traído pola corrente e o material que sae. Visibelmente non hai erosión.

Conca baixa

É a parte da conca na cal o material extraído da parte alta se deposita no que se chama cono de dexección.

  1. A RAG acepta tanto o termo cunca coma os termos conca e bacía. Véxase bacía Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine., conca Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine., cunca Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]