BTU
Aparencia
A BTU ou BTu é a unidade de enerxía inglesa. É a abreviatura de British Thermal Unit. Emprégase principalmente nos Estados Unidos e ocasionalmente tamén se pode encontrar en documentación ou equipos antigos de orixe británica. Na maior parte dos ámbitos da técnica e da física foi substituída polo joule, que é a unidade correspondente do sistema internacional.
Unha BTU representa a cantidade de enerxía precisa para elevar un grao Fahrenheit a temperatura dunha libra de auga en condicións atmosféricas normais. Un pé cúbico de gas natural despide unha media de 1 000 BTU, cun intervalo de valores de entre 500 e 1 500 BTU.
Equivale aproximadamente a:
- 252 cal
- 1 055,056 J
- 12 000 BTU/h = 1 Tonelada de refrixeración = 3 000 frigorías/h.